📗 Libro en gallego TRES CAPITANS DE TEMPOS IDOS

Edicións Xerais - 9788483029664

Literatura en gallego Teatro en gallego

Sinopsis de TRES CAPITANS DE TEMPOS IDOS

Tres capitáns de tempos idos é a única peza de teatro e a única obra pensada para o público infantil que deixou Antón Avilés de Taramancos. Escrita na primavera de 1983, coa finalidade de que fose represen-tada polos escolares da Serra de Outes; foi representada en Noia, no mes de xuño do mesmo ano, no seo das primeiras Xornadas de teatro na escola, organizadas pola Asociación Cultural Catavento. A obra, que permaneceu inédita dende a súa estrea, públícase agora, e por vez primeira, dentro de Xerais Merlín.Organizada en tres lances, e concibida especificamente para ser representada por escolares, Tres capitáns de tempos idos constitúe unha apaixonante viaxe pola historia da literatura galega; aquí desfilan personaxes como os reis e os trobadores, ou o mesmo Francisco Añón. A presente edición, que inclúe a reproducción dos figurinos orixinais, debuxados polo propio Avilés, e complétase cunha biografía do autor e a historia do devir da peza, preparada pola profesora Pilar Sampedro, a primeira directora que puxo en escena a obra.


Ficha técnica


Ilustrador: Manolo Uhía

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483029664

Idioma: Gallego

Número de páginas: 72
Tiempo de lectura:
1h 37m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 18/03/2003

Año de edición: 2003

Plaza de edición: Es

Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante

Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 0.6 cm
Peso: 110.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Anton Aviles De Taramancos


Xosé Antón Avilés Vinagre naceu na aldea noiesa de Taramancos, da que tirou o seu nome literario, Antón Avilés de Taramancos, o 6 de abril de 1935 e morreu na Coruña en 1992. En 1960 exiliouse en Colombia, país no que residiu durante vinte anos. De regreso a Galicia, incorporouse á vida social, política e cultural do país, sendo presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e concelleiro de Cultura de Noia pola BNG. No ano 2003 foi homenaxeado co Día das Letras Galegas. Como poeta é autor de As moradías do vento (1955), A frauta e o garamelo (1958), O tempo no espello (1962), Cantos caucanos (1985, Xerais 2003), e As torres no ar (1989). En 1992 publicouse, de forma póstuma, Última fuxida a Harar. Como narrador publicou Nova Crónica das Indias (1992, Xerais 2003). As súas colaboracións en prensa están recollidas en Obra viva (1992). Como dramaturgo escribiu na primavera de 1983 a peza Tres capitáns de tempos idos (Xerais 2003) co obxecto de que fose representada polos escolares da Serra de Outes; esta obra, inédita dende a súa estrea, foi editada por Xerais, en edición a cargo da profesora de Pilar Sampedro, dentro da súa colección Xerais Merlín.
Descubre más sobre Anton Aviles De Taramancos
Recibe novedades de Anton Aviles De Taramancos directamente en tu email

Opiniones sobre TRES CAPITANS DE TEMPOS IDOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana