📗 Libro en gallego UN MOSQUITO DE NOME HENRI

Baía Edicións A Coruña. S.L. - 9788499950761

Infantil 7 a 9 años Literatura de 7 a 9 años

Sinopsis de UN MOSQUITO DE NOME HENRI

A partir de 8 anos Obra gañadora do X Premio Barriga Verde (modalidade infantil), editada m coedición coa AGADIC. Henri quere ser piloto de aviación, mais ten un pequeno problema: é miope. Un mosquito de nome Henri é unha historia de superación e de aprendizaxe na que o mosquito Henri, en compaña da súa inseparable amiga Olivia, levantará o voo nunha aventura chea de piruetas e picados mortais rumbo ao seu destino: ser un heroe. E para iso vaise ter que enfrontar á malvada avespa Roque. Unha libélula cantante de jazz, unha araña pianista, un moscón excampión dos pesos pesadosà E moitos personaxes máis nunha historia para que os cativos leven os seus pais ao teatro e xuntos gocen cun relato de iniciación aos desafíos que a vida nos reserva a todos nós. Mesmo se es un mosquito.

Ficha técnica


Ilustrador: Jacobo Fernández Serrano

Editorial: Baía Edicións a Coruña. S.L.

ISBN: 9788499950761

Idioma: Gallego

Número de páginas: 84

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 01/06/2013

Año de edición: 2013

Plaza de edición: A Coruña

Colección:
Barriga Verde

Alto: 23.3 cm
Ancho: 15.3 cm

Especificaciones del producto



Escrito por RAUL DANS


Raúl Dans (A Coruña, 1964) é autor teatral, guionista de cine e televisión e actor de dobraxe. Comezou a súa carreira como actor na Compañía Luís Seoane, e é un dos integrantes do colectivo de intérpretes que iniciou a dobraxe en galego, oficio ao que se dedica desde 1985. En 1993 irrompe na escena da escrita teatral galega con Matalobos (Premio Rafael Dieste para Textos Teatrais). Un ano máis tarde acada o Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro con Lugar (Xerais, 1995). En 1997 gaña o prestixioso Premi Born coa obra Derrota (Xerais, 1999). Con Chegamos despois a unha terra gris (Xerais, 2011) gaña por segunda vez o Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro e, finalmente, o premio da AELG.
Descubre más sobre RAUL DANS
Recibe novedades de RAUL DANS directamente en tu email

Opiniones sobre UN MOSQUITO DE NOME HENRI


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana