¡VIVA EL REY!: ENSAIOS MEDIEVAIS

XERAIS - 9788475079615

Historia local de España Galicia

Sinopsis de ¡VIVA EL REY!: ENSAIOS MEDIEVAIS

Carlos Barros, en Viva El Rei, Ensaios medievais ofrécenos, máis alá da historia académica, unha visión da Idade Media galega que, ademais de permitirnos coñecer moito mellor a nosa historia responde a problemas cos que batemos os homes e mulleres de hoxe en día. A Idade Media ofrece unha morea de posibilidades para comprendermos este presente desacougado, esta fin de época, onde mesmo parece que o futuro non existe: situación que se asemella abondo ó supostamente decadente século XV galego, tempo e lugar no que transcorren os oito traballos que presenta o autor: o modelo das fazañas cabaleirescas, o dereito de pernada, a tolerancia cristiá coa minoría xudía en Galicia, a fronteira medieval entre Galicia e Portugal, a evolución e progreso do coñecemento historiográfico da revolta popular da Santa Irmandade, o uso alternativo do poder da xustiza, o Rei invocado máis descoñecido, un tempo que mesmamente os galegos viviron sen señores... Tódolos temas e enfoques destes oito ensaios foron esgallados dun tema central, estrela a revolta dos irmandiños, moi significativo como causa e como efecto, co que establecen unha relación de asociación, complementariedade e/ou oposición, cun obxectivo claro para o autor: dar unha explicación global do outono medieval, que é asemade primavera de modernidade. Alén da historia estructural, economicista, Carlos Barros practica unha historia humana, onde homes e mulleres son o suxeito histórico nun momento crucial, a transición da Idade media á Idade Moderna: cando por un intre o mundo semella porse ó revés.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475079615

Número de páginas: 273

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 17/05/2001

Año de edición: 1996

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Carlos Barros


Descubre más sobre Carlos Barros
Recibe novedades de Carlos Barros directamente en tu email

Opiniones sobre ¡VIVA EL REY!: ENSAIOS MEDIEVAIS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana