📗 Libro en gallego XIANA, A NENA PIRATA

EVEREST- 9788440311887

Infantil 7 a 9 años Literatura de 7 a 9 años

Sinopsis de XIANA, A NENA PIRATA

O Vagalume é un barco pirata que, ás noites, suca os mares na procura de tesouros.A capitá é unha nena loura chamada Xiana que, en lugar de subir á cesta para facer de vixía, conta coa axuda do papagaio Rodolfo.A tripulación forma un grande equipo; por iso, Xiana é quen de atopar os tesouros máis orixinais nas súas misións piratas.Só precisas enrolarte no barco de Xiana para cruzar o océano na busca de aventuras. A que agardas? Rodolfo está chamando por ti!

Ficha técnica


Ilustrador: López Noemí

Editorial: Everest

ISBN: 9788440311887

Idioma: Gallego

Número de páginas: 36

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 21/02/2012

Año de edición: 2012

Plaza de edición: Es
Alto: 21.0 cm
Ancho: 19.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por María Canosa


María Canosa
María Canosa (Cee, 1978) é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, profesión que leva compaxinando desde sempre coa de escritora.
Tamén é profesora de Matemáticas de ensino secundario e articulista no xornal «La Voz de Galicia» desde hai case dúas décadas, ademais de colaborar en varios programas de debate da «Radio Galega» e «Radio Voz». Desenvolveu o papel de "experta en letras" en distintos concursos televisivos de corte cultural, como «Cifras e letras», «Verbas van» ou «Coma un allo». É a condutora do programa literario «Léocho», da TVG.
Recibiu o Premio Rosalía de Castro da Lingua pola súa contribución á promoción da lingua galega.
É autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil, iniciada con «Bramido maino» e «A pedra de seixo» (1997) e continuada por títulos como «O papaventos de Laura» (2011); «Xiana, a nena pirata» (2012); «Druídas» (2014); «Rubicundo» (Xerais, 2015), finalista do Premio Merlín 2014; «O día que choveu do revés» (Xerais, 2016) , finalista do Premio Merlín 2015; «A cazadora de estrelas» (Xerais 2017), finalista do Premio Merlín 2016; «Muriel» (Xerais, 2017), Premio Merlín 2017; «Unha fábrica de bicos» (Xerais, 2020), álbum ilustrado por Dani Padrón; «As pombas de Bastián» (Xerais, 2021); «Muriel. Caos no laboratorio lácteo» (Xerais, 2023) e «Escola de bruxas» (Xerais, 2024).
Con motivo do Día das Letras Galegas de 2023, ese ano publica na colección Merlín a biografía infantil «Luísa Villata. Melodía de palabras» (Xerais, 2023).
Como narradora publicou «Faíscas» (2009), «DisParo» (2016), «Non é París» (2016), «Cando cae a luz» (2016) e «O lado do que dormes» (Xerais, 2019).
É autora, ademais, do libro de poemas «Ronca o mar» (2011), Premio Avelina Valladares.
Con «Dipnoi» (Xerais, 2026) estréase na colección Fóra de xogo.
Descubre más sobre María Canosa
Recibe novedades de María Canosa directamente en tu email

Opiniones sobre XIANA, A NENA PIRATA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana