Trinta historias cotiás que de súpeto encaixan o abraio do inesperado. Dende as tabernas de Lugo até os ceos imposibles de Nova York. Antón Grande transita por paisaxes e xentes do seu contorno vital e crea un universo breve, fragmentado e relativo, ou sexa, narra o que poderia ser o noso propio existir. Pe da prosa emerxen, poderosas, as ilustracions sempre a contrafio de Quique Bordell. Anton Grande e un autor para ler contra a noitiña afirma Xose de Cora no seu limiar; diria mais, e un autor para ler nun establecemento publico, ao caron dun vaso de viño, agardando a chegada do amigo, da amada ou dese ninguen que xamais chega.