É unha viaxe no tempoDa man de Antón Seoane, un dos nosos músicos máis importantes e peza fundamental de Milladoiro, viaxamos polos anos anterioresá saída do primeiro disdo da mítica formación, ao tempo que se revisa unha epoca (a fin do franquismo) e un proxecto: o intento por construir unha musica de nos e botar a andar un proxecto absolutamente diferente: Milladoiro.O libro acompañase dun CD no que Anton Seoane, Pilocha e Rodrigo Romani, coa participacion de Nando Casal, Bibiano, Miro Casabella, X. Quintas Canella, Donal Lunny, Harry C, Roi Casal, Manu Conde, Pancho Alvarez, Anxo Pintos, Segundo Grandio, Laura Amado, Quico de Cariño, Natalia Zoltan e outros compañeiros de viaxe e aventuras, volven gravar, dandolles nova vida, cancions emblematicas do periodo 1973-1978, algunhas delas rexitradas para este proxecto por vez primeira.
É esta unha odisea, unha aventura que recolle a evolución dunha saga, dende os tempos da grande emigración galega a América do Sur, a finais do século XIX, ata os lindeiros da Segunda Guerra Mundial; a de cinco irmans, catro cativos de unha rapaza, nados en Naron, entre 1870 e 1878.E esta unha historia entrefebrada de esforzo, sufrimiento e exito comercial, honesto e solidario, recoñecido polo mundo empresarial porteño. Quen os guiou foi o maior, Avelino, nado en 1870, que marchou con 13 anos ao Uruguai, para, ao pouco, establecerse na emerxente Buenos Aires. Seguiriano os outros catro.Foi Avelino Cabezas un empresario innovador, imaxinativa, de ideario humanista e sentido equitativo, todo un adiantado no mundo da publicidade, con escintilante exito comercial entre o remate do seculo XIX e o seu falecemento en 1916, acompañado dos seur irmans, que seguiron a sua senda ata 1936. Do seu poderio economico seguen a dar fe duas casas: unha, El Paraiso, na Cordoba arxentina, a outra, Libunca, en Naron.
Recupérase a figura de Faustino Santalices coa edición da primeira biografía do gaiteiro e zanfonista ourensán. A lúcida e xenerosa memoria de Faustino Santalices fillo, que conservou celosamente o legado do seu pai, fai posible unha biografia rica en documentacion grafica, apoiada en testemuños reais da epoca recollidos de artigos e xornais, onde caben, ademais, desde partituras manuscritas de cancions tradicionais ata portadas de discos e libros do biografado.