Expléndidos volumes en cartoné con cantos redondeados, destinados a nenas e nenos de 1 ano en diante. David McKee, o creador do entrañable elefante de retallos, propón neste conto un xogo coas cores.
O xurelo escritor cóntanos, tecleando na súa máquina acuática, a historia do neno perdido. Cando o mar andaba revolto, e no medio do batifolio, o congro convocou a reunión de canto animal habita no santo mar para coñecer que ocorria na superficie. Axiña acudiron o lorcho durmiñon, o polbo, o pinto, a maragota, a lura, o camaron, a pescada, a sardiña, o arroaz... O arroaz recibiu a encomenda de investigar a causa de tanto rebumbio e na superficie atopou pesqueiros, dornas, chalupas, veleiros, helicopteros, avions, cruceiros, petroleiros e mesmo o telescopio dun submarino.
David McKee é autor-ilustrador da serie sobre o elefante Elmer que xa vendeu, en todo o mundo, máis de dous millóns de exemplares. Xerais ofrece o primeiro e máis exitoso álbum da serie do elefante de retallos, simbolo da diversidade e de aceptacion da diferencia. Elmer vive na manda de elefantes pero sintese diferente porque e de retallos: e amarelo, laranxa, vermello, rosa, lila, azul, verde, negro e branco, pero, Elmer, non era da cor do elefante. Un album divertidisimo, xenialmente ilustrado por McKee. En galego un dos libros para nenos e nenas mais importantes dos editados nesta decada en Europa.
Avui és el dia del concert i tots els animals assagen per al gran esdeveniment. Tu també hi pots participar! Prem les imatges amb els dits i escoltaràs com canta l'Ocelleta, com rugeix el Lleó, com salta el Cangur... Però el més divertit serà quan l'Elmer reuneixi tota la colla per compondre plegats la música de la selva...