Manuel María Fernández Teixeiro (Outeiro de Rei, 1930) é unha das voces poéticas máis representativas das xeracións de postguerra. É unha das máis fecundas, pois ensaiou os rexistros máis variados: a poesía social, a poesía paisaxística, a poesía de escarnio, a imprecatoria relixiosa... Terra Cha, publicado por vez primeira en 1954, é sen dúbida un dos seus libros máis intensos e logrados, un sentido canto ós eidos da súa pequena patria luguesa onde os homes, a paisaxe, a palabra, o mundo todo acada unha dimensión íntima e poderosa.
Acaso a variedade temática, a capacidade para producirse en diferentes rexistros estilísticos, constitúan un dos apartados fundamentais na hora de caracterizar a poesía de Ramón Cabanillas. Poeta combativo e denunciador das inxustizas, ao pe dos movementos agrarios, unhas veces; recreador dos vellos mitos arturicos e bretons, autras; ardoroso paladin lirico do nacionalismo das Irmandades da Fala...A rosa de cen follas -publicada por vez primeira en 1927- mostranos outro dos Cabanillas posibles; desta volta, o poeta autor de delicadas composicions de amor, que lembra a Rosalia -un verso dela da titulo a obra do cambades-, a Becquer ou ainda a Heine. Un Cabanillas romantico, e preocupado por unha depuracion de sinxeleza formal, xorde a traves deste breve poemario: un exemplo mais de que nos atopamos diante dun dos mellores liricos galegos de sempre.Acaso a variedade temática, a capacidade para producirse en diferentes rexistros estilísticos, constitúan un dos apartados fundamentais na hora de caracterizar a poesía de Ramón Cabanillas. Poeta combativo e denunciador das inxustizas, ao pe dos movementos agrarios, unhas veces; recreador dos vellos mitos arturicos e bretons, autras; ardoroso paladin lirico do nacionalismo das Irmandades da Fala...A rosa de cen follas -publicada por vez primeira en 1927- mostrano...