Acaso a variedade temática, a capacidade para producirse en diferentes rexistros estilísticos, constitúan un dos apartados fundamentais na hora de caracterizar a poesía de Ramón Cabanillas. Poeta combativo e denunciador das inxustizas, ao pé dos movementos agrarios, unhas veces; recreador dos vellos mitos artúricos e bretóns, autras; ardoroso paladín lírico do nacionalismo das Irmandades da Fala...A rosa de cen follas -publicada por vez primeira en 1927- móstranos outro dos Cabanillas posibles; desta volta, o poeta autor de delicadas composicións de amor, que lembra a Rosalía -un verso dela dá título á obra do cambadés-, a Bécquer ou aínda a Heine. Un Cabanillas romántico, e preocupado por unha depuración de sinxeleza formal, xorde a través deste breve poemario: un exemplo máis de que nos atopamos diante dun dos mellores líricos galegos de sempre.Acaso a variedade temática, a capacidade para producirse en diferentes rexistros estilísticos, constitúan un dos apartados fundamentais na hora de caracterizar a poesía de Ramón Cabanillas. Poeta combativo e denunciador das inxustizas, ao pé dos movementos agrarios, unhas veces; recreador dos vellos mitos artúricos e bretóns, autras; ardoroso paladín lírico do nacionalismo das Irmandades da Fala...A rosa de cen follas -publicada por vez primeira en 1927- móstrano...
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475077468
Idioma: Gallego
Número de páginas: 128
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 30/09/1993
Año de edición: 1993
Plaza de edición: Es
Colección:
Bib. Das Letras Galegas
Bib. Das Letras Galegas
Número: 000034
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 0.8 cm
Peso: 150.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Ramón Cabanillas y ED. DE XOSE MARIA DOBARRO
Ramón Cabanillas Enríquez (Fefiñáns, Cambados 1876-Cambados 1959) foi un dos poetas primeiros en lingua galega do século XX. Con trinta e catro anos emigrou á Habana, onde residiu entre 1910 e 1915 e publicou os seus dous primeiros poemarios No desterro (1913, Xerais 2009) e Vento mareiro (1915, Xerais 1995). De volta a Galicia, traballou como funcionario de varios concellos e coñeceu a loita agrarista. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente n' A Nosa Terra. En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega, onde leu o discurso titulado "A saudade nos poetas galegos" e en 1929 da Real Academia Española, onde ingresou cun ensaio sobre Eduardo Pondal. Durante os anos vinte publicou Da terra asoballada (1926, Xerais 1994) e as novas edicións dos poemarios publicados na Habana. A instancias de Antón Vilar Ponte, escribiu as pezas dramática A man de Santiña (1921, Xerais 1996) e a traxedia histórica O mariscal (Xerais 1996). En 1926 viu a luz o poemario Na noite estrelecida (Xerais 1988) onde, seguindo as teorizacións de Risco, Cabanillas reelabora mitos do ciclo artúrico que funcionen como símbolos produtivos. Porén, recuperou o lirismo intimista no poemario amoroso A rosa de cen follas (1927, Xerais 1992). Instalado en Madrid, o poeta atravesou un longo período de silencio que rompería a finais da década de 1940 con Camiños no tempo. Comezou entón unha nova etapa en que viron a luz Antífona da Cantiga (1951), Da miña zanfona (1954), Versos de alleas terras e tempos idos (1954) e Samos (1958, Xerais 2009), o seu derradeiro libro publicado en vida. Os catedráticos Xosé Ramón Pena e Xosé María Dobarro, con motivo do 50 aniversario do pasamento do poeta, reuniron a súa obra poética no volume Poesía galega completa (Xerais 2009).