Para os que teñen máis de trinta anos e un pouco menos de corenta, o ano 2000 foi unha sorte de compañeiro de xogos, profecías e cálculos. A súa antesala é 1999, a raia que levaba a esa cifra que ocupara as conciencias infantis e daba medo traspasar. En 1999 xa eramos aquilo polo que loitaramos decadas antes, pero sen decatarnos: chegamos a adultos sen sabelo.
Escenario de escolas, bacharelatos, veráns, iso é Vigo para a poeta Helena de Carlos. Cidade viva, posuída tamén por voces inaudibles, punto de chegada que moitos xa non van ultrapasar. E entre os que escorrentaron polas ruas de Vigo, entre as pantasmas lembradas, perdese a propia mocidade, o mais efemero dos soños.
Nacido durante a experiencia da pandemia e do confinamento, un poemario que reflicte un mundo perplexo fronte ao baleiro. Versos que tamén testemuñan a vivencia das dúas metamorfoses que unha muller experimenta na vida, a pubertade e a madurez.