A irmandade da uva, igual ca o resto da obra de John Fante, non obtivo de primeiras nin a repercusión nin o éxito que, como cabe imaxinar, o autor italo-americano lle desexaba. Foi décadas máis tarde, grazas ao feito de que Charles Bukowski o amentase como referencia fundamental e dese en demostrar a admiracion pola sua obra, cando gañou dunha sentada milleiros de lectores, e esta novela, a ultima escrita da sua man (antes de morrer publicaria outra que lle ditou a muller por mor da sua cegueira), tornou en texto fundamental para entender a traxectoria de quen adoita ser cualificado como precursor do realismo sucio.Narrada cun estilo directo e escasos enfeites estilisticos, a voz narrativa de Henry Molise, o alter ego de Fante, aborda a sua historia familiar cunha mirada adoito retrospectiva. Deste xeito, o autor trata, mais unha vez, os temas que mais o obsesionaban, coma tal, a pobreza, a incomunicacion, os conflitos familiares, o peso abafante do catolicismo ou as dificultades para se facer un nome no mundo das letras. Asi mesmo, compre non esquecer que a escrita supuña para Fante, en certa maneira, unha valvula de escape, pois malia a patina de ficcion que forzosamente imprimia as suas creacions, non renuncia a carga autobiografica que deita no seu personaxe protagonista, isto e, un pai alcolico, a fuxida da casa na mocidade, as penurias e os axustes de contas literarios, a redaccion de guions cinematograficos, algunhas das experiencias amorosas e sexuais que viviu ou as suas orixes italianas.
Ver más