"Son moitos os nomes de destacados artistas seducidos polo magnetismo persoal da Bella Otero. Cando un se embosca na lectura gañadora da obra gañadora do XVº Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais de 2006 da autoría de Manuel Guede Oliva, acerta a comprender os porqués destes afervoados comentarios. Ocaso Otero esconde a un dramaturgo sublimado. A súa fascinación pola materia que modela céntrase, sobre todo, na relación de amor odio que unía á diva a Galicia, polo que enmarca a súa proposta literaria no regreso imposible ao país do personaxe. O lector ten a sensación de estar ante un deses libros que locen vitola de clásico antes de saír do prelo. Tanto no formal coma no conceptual, a resolución dramática é dende o punto de vista estrutural dunha eficacia e sinxeleza notables. Deseñada en clave metateatral, o personaxe da Bella Otero enfróntase a un proceso de reconciliación consigo mesma e co país que a viu nacer. Malia ser un texto teatral, é unha lectura que se significa tanto dentro coma fóra dun escenario, un exercicio literario dos que sen ningún xénero de dúbidas axuda a dignificar a pretensión de construír unha dramaturxia con maiúsculas. " Xosé Lueiro.
O dezasete de Xullo de 1936. á saída da sesión de cinematógrafo, Zacarías Confurco, o Capador, ten que acudir á igrexa de Santa Eufemia do Centro en Serenou, onde se vai celebrar un rosario pola alma de Calvo Sotelo. Asistira en calidade de escolta persoal de don Samuel Porchetino, xefe da Falanxe. Pero esa tarde o Capador desatende as suas obrigacions e encamiñase a un burdel. Desviando asi os seus pasos, ese maton de barbara simpleza acaba protagonizando uns desaforados e cruentos sucesos, esporeado pola chuleria da ignorancia reaccionaria, polo clima abafante de Serenou en Xullo e o latexar crispado da cidade.Visperas de Claudia e a narracion deses feitos e unha recreacion do ambiente tenso e violento daqueles dias en clave de traxedia grotesca. Tamen e unha parodia dos modos literarios do expresionismo tremendista, unha alegoria historica e a consolidacion dun espacio narrativo: Serenou, a cidade literaria de Manuel Guede.
Este e o regreso de Manuel Guede a un lugar que e máis ca unha cidade posible ou o reverso dun espello chamado Ourense. A neboa e a celebración dunha derrota: inaugurada en 1985 con Contra Serenou, continuada en 2000 con As doce e sereno e que agora conclue sabendo xa que e nesa dignidade onde se toma conciencia da historia, desde onde se axitan os desconcertos e se intenta poñerlle nome as vidas perdidas entre a ironia e a desolacion. Este libro trata sobre a aprendizaxe de como vivir derrotado e de como o fracaso forma parte dunha nosa identidade nacional.