María Mariño (María Mariño Carou) (Noia, 1907-Parada do Courel, 1967) de familia humilde, deixou moi nova a escola para exercer como costureira. Con todo, entrou en contacto coa literatura na magnífica biblioteca do Pazo de Goiáns, en Boiro, onde morou un tempo cunha súa tía que traballaba na casa como cociñeira. Finalizada a guerra civil, contrae matrimonio e o seu home é destinado ao País Basco. Alí tiveron un fillo, que faleceu prematuramente. Esta morte, á que se uniu a da súa mai, provocaría en María Mariño unha fonda depresión. De regreso á Galiza e tras un tempo en Arzúa, instaláronse no Courel, primeiro en Romeor e posteriormente en Parada, onde a escritora residiría o resto dos seus días. En 1953 coñeceu a Uxío Novoneyra, quen se convirtiría nun forte estímulo para Maria Mariño comezar a escribir e a través do que superaría o isolamento en que vivía, entrando en contacto con outros escritores como Manuel María, Domingo García Sabell, Victoria Armesto ou Ramón Piñeiro. Morreu en 1967, despois de ver publicada unha única obra, Palabra no tempo (1963). O poemario Verba que comenza (1990), escrito nos últimos meses de vida, vería a luz postumamente. A súa obra foi recompilada en Obra completa (Xerais 1994).

Recibe novedades de María Mariño directamente en tu email

Del 1 al 4 de 4
obra completa-maria mariño-9788475078199
Tapa blanda
OBRA COMPLETA

María Mariño y ED. DE VICTORIA SANJURJO FERNANDEZ

obra completa de maria mariño-maria mariño-9788497824910
Tapa blanda
OBRA COMPLETA DE MARIA MARIÑO

María Mariño

maria mariño. antoloxia poetica-maria mariño-9788482888163
Tapa blanda
MARIA MARIÑO. ANTOLOXIA POETICA

María Mariño

Del 1 al 4 de 4