Merchi Rodal ten sempre pintado un sorriso na cara. Nótase que goza facéndolle a vida máis doce aos demais. Na súa cociña flota un recendo marabilloso a canela e a manteiga, porque sempre ten algo tentador no forno... Da tradicion galega saca a inspiracion para moitas das receitas que propon: os biscoitos, as lambetadas de amendoa, o arroz con leite, as empanadas doces... Merchi asegura que o segredo para ser feliz esta contado neste libro.
Os larpeiros presentan o seu libro máis doce! con mandil.Recolle algunhas das sobremesas do popular programa de Televisión de Galicia e outros moitos doces, madalenas, biscoitos, cremas, roscóns... Ademais de ricas, todas as receitas son sinxelas e divertidas de facer na casa. A autora sabe darlle un toque ben orixinal, lambonciñas e lambonciños.
Na cociña de Merchi Rodal flota un recendo bárbaro a canela e a manteiga, porque sempre ten algo tentador no forno.
Da tradición galega saca a inspiración para moitas das receitas que propón: as fil