María Xosé Queizán (Vigo, 1939), escritora, ensaísta, tradutora, activista, directora da revista «Festa da palabra silenciada» e pensadora feminista, é unha das autoras máis relevantes e influentes. Foi nomeada Socia de Honra da AELG e recibiu premios como a Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), Premio Irmandade do Libro (2013) e Premio da Cultura Galega (2016). Como narradora deu á luz as seguintes novelas: «A orella no buraco» (1965), «Amantia» (Xerais 1984), «A semellanza» (1988), «O segredo da Pedra Figueira» (Xerais 1989), «Amor de tango» (Xerais 1992), «O solpor da cupletista» (Xerais 2003), «Ten o seu punto a fresca rosa» (Xerais 2000), «Meu pai vaite matar» (Xerais 2011), «A boneca de Blanco Amor» (2014) e «Son noxento» (Xerais 2015), o volume de relatos «Sentinela, alerta! » (Xerais 2002) e a biografía «Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros» (Xerais 2014). Como poeta é autora de: «Metáfora da metáfora» (1991), «Despertar das amantes» (1993), «Fóra de min» (1995), «Non o abras como unha flor» (Xerais 2004) e «Cólera» (Xerais 2007). Froito da súa actividade teatral son a traxedia «Antígona, a forza do sangue» (Xerais 1991), o drama «Cartuxeira» (2008) e a comedia «Neuras» (2008). Como ensaísta publicou: «A muller en Galicia» (1977), «Recuperemos as mans» (1980), «Evidencias» (Xerais 1990), «Escrita da certeza» (1995), «Misoxinia e racismo na poesía de E. Pondal» (1998), «Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades» (Xerais 2004), «Anti natura» (Xerais 2008), «Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial» (Xerais 2011), «Rosalía de Castro e o poder sexual» (Xerais 2017) e «Despoxos e vísceras ilustres» (Xerais 2019). As súas memorias están recollidas en «Vivir a galope» (Xerais 2018).

Recibe novedades de MªXOSE QUEIZAN directamente en tu email

Del 1 al 10 de 10
metafora da metafora-mªxose queizan-9788440493941
Tapa blanda
METAFORA DA METAFORA

QUEIZAN, MªXOSE

despertar das amantes-mªxose queizan-9788488137142
Tapa blanda
DESPERTAR DAS AMANTES

QUEIZAN, MªXOSE

amor de tango-mªxose queizan-9788483023402
Tapa blanda
AMOR DE TANGO

QUEIZAN, MªXOSE

amantia-mªxose queizan-9788475071633
Tapa blanda
AMANTIA

QUEIZAN, MªXOSE

antigona, a forza do sangue-mªxose queizan-9788475073866
Tapa blanda
ANTIGONA, A FORZA DO SANGUE

QUEIZAN, MªXOSE

o solpor da cupletista-mªxose queizan-9788487709326
Tapa blanda
O SOLPOR DA CUPLETISTA

QUEIZAN, MªXOSE

a orella no buraco (2ª ed.)-mªxose queizan-9788471544759
Tapa blanda
A ORELLA NO BURACO (2ª ED.)

QUEIZAN, MªXOSE

ten o seu punto a fresca rosa-mªxose queizan-9788483025338
Tapa blanda
TEN O SEU PUNTO A FRESCA ROSA

QUEIZAN, MªXOSE

a semellanza (3ª ed.)-mªxose queizan-9788478241286
Tapa blanda
A SEMELLANZA (3ª ED.)

QUEIZAN, MªXOSE

Del 1 al 10 de 10