O Leo (Leonardo Fernández Campos) naceu en 1974 en Vigo e é de Matamá. Desde finais do ano 2005 mantén na rede o blog haicu.blogspot.com. Como O Leo i Arremecághona! Publicou baixo licenza Creative Commons as coleccións de mp3 Suspiros de Kaña (A Regueifa Plataforma, 2006) e Aghomita campión! (ARP, 2007) e a colección de vídeos en directo Sigho (Vivo)! (ARP 2007). Compuxo a música para o teatro e fixo de actor en Matarile, A Factoría e Berrobambán. Colabora en Sonotone, Tempos Novos e Protexta. Traballa de lingüista.
Recibe novedades de O LEO directamente en tu email
Se a poesía quere intimidade e reflexión, tempo, un dos sitios que mellor lle acaen hoxe é o váter: Hai cu, e polo tanto tamén hai medo. Ser retraído quere tempo. Tempo abondo para facer (de ventre) unha breve e(va)cuacion. Tempo que se inviste, por exemplo, en faceren as suas pintadas os vates publicos nos vateres publicos. O vater reduto ultimo do eu, do nos, do noso, do noxo. Un libro de poemas para colgar nun cordel no cravo en que espetamos as follas do xornal para nos limpar; de par da cadea da cisterna do vater. Mentres hai cu, hai esperanza.Se a poesía quere intimidade e reflexión, tempo, un dos sitios que mellor lle acaen hoxe é o váter: Hai cu, e polo tanto tamén hai medo. Ser retraído quere tempo. Tempo abondo para facer (de ventre) unha breve e(va)cuacion. Tempo que se inviste, por exemplo, en faceren as suas pintadas os vates publicos nos vateres publicos. O vater reduto ultimo do eu, do nos, do noso, do noxo. Un libro de poemas para colgar nun cordel no cravo en que espetamos as follas do xornal para nos limpar; de par da cadea da cisterna do vater. Mentres hai cu, hai esperanza.