A cidade dos Césares é a historia dun soño, un tráxico canto épico, feito de ilusións e fracasos, protagonizado polas case catrocentas familias que entre 1776 e 1783 embarcaron na Coruña para colonizar as terras ignotas da Patagonia. A cidade dos Cesares, que presentamos agora en version definitiva, fixada e corrixida polo seu autor, e a historia daquela singular aventura narrada en boca do difunto, Basilio Vilariño, piloto da vila Noia, que dialoga nestas paxinas co seu amigo e compañeiro de expedicion, o gaiteiro Chinto de Muras.Victor F. Freixanes presentanos en A cidade dos Cesares unha novela temera, desacougante, torrencial, ateigada de lirismo e humanidade: novela coral, escrita nunha linguaxe extraordinariamente rica, chea de musicalidade, que se mergulla na historia para recuperar a memoria da primeira emigracion masiva de galego as Americas. Un dos grandes textos da literatura galega contemporanea.Victor F. Freixanes e escritor, xornalista e editor. E autor de obras significativas no xornalismo: Unha ducia de galegos (1976), Memorias dun fuxido (1980), no ensaio: Galicia. Unha luz no Atlantico (Xerais, 2001) e mais dalguns titulos sobranceiros na novelistica galega contemporanea: O triangulo escrito na circunferencia (1982), O enxoval da noiva (1988) e A cidade dos Cesares (Xerais, 1993 e 2002).