Vinte e cinco anos despois Atlántica segue a ser un referente na arte galega. O Museo de Arte Contempóranea de Vigo e Editorial Galaxia propoñen neste libro que sexan os propios artistas os que nos acheguen ao que supuxo e hoxe significa un dos episodios mais brillantes da arte contempranea en Galicia. En Voces da Atlantica, a xornalista Carme Vidal e o critico de arte David Barro conversan cos artistas Ignacio Basallo, Luis Borrajo, Xabier Correa Corredoira, Alberto Datas, Manuel Facal, Xose Freixanes, Anton Goyanes, Armando Guerra, Anxel Huete, Menchu Lamas, Anton Lamazares, Francisco Leiro, Manuel Moldes, Cesar Otero, Anton Patiño, Alberte Permuy, Manuel Quintana Martelo, Silverio Rivas, Manuel Ruibal, Xesus Vazquez e Xose Vivian, e fan unha lembranza dos tristemente desaparecidos Rafael Baixeras, Xose Lodeiro, Francisco Mantecon, Guillermo Monroy, Reimundo Patiño e Mon Vasco. O 14 de agosto de 1980, na Casa da Cultura de Baiona, inaugurase a primeira exposicion de ATLANTICA, que tiña como obxectivo basico a "promocion e espallamento das ultimas tendencias das artes plasticas". Un cuarto de seculo despois, ATLANTICA continua a espertar o interese no ambito da arte e da cultura, tanto polo que supuxo como fenomeno como pola traxectoria individual que despois desenvolveron boa parte dos participantes naquela mostra, hoxe nomes centrais da plastica galega. O libro pretende recuperar a memoria daqueles anos pero tamen a sua enerxia e a certeza do futuro. Velai de novo reunidos, coa sua voz individual pero tamen co sentir de pertenceren a un dos episodios mais brillantes da historia da arte contemporanea galega, os artistas que fixeron nacer e existir ATLANTICA.
Ver más