Coma se fosen as pedriñas coas que Hansel marcaba os seus pasos pola espesura do bosque, O rastro que deixamos reúne por vez primeira traballos dados a coñecer por Agustín Fernández Paz en diferentes medios e contextos ao longo do tempo, asi como outros que permanecian ineditos. Neles, o autor aborda un regueiro de episodios fundamentais na sua vida, retallos da memoria que nos permiten achegarnos a etica e mais a poetica do escritor. Estes rastros son unha mostra de duas liñas de traballo esenciais, a memoria da infancia e o oficio da escrita. Na primeira parte, baixo a epigrafe As paisaxes da memoria, reunense escritos onde predominan as vivencias da nenez e da mocidade, naqueles anos en que asistiu a creacion do mundo na sua Vilalba natal. Os textos da segunda, titulada O oficio de escribir, falannos da sua paixon pola lectura e pola escrita, asi como da sua fe na forza das palabras para cambiar o mundo e cambiar a vida.Como ocorre nos libros de ficcion de Fernandez Paz, estas paxinas seducen pola claridade das ideas e polo engado con que se expresan. Ademais, permitennos adiviñar as pegadas das experiencias vitais na sua obra e descubrir os fundamentos do oficio de narrador, o termo no que o autor mellor se recoñece. Cada unha das duas partes pechase cunhas paxinas narrativas; a primeira, cos relatos A mirada de Clara e Cando nacen as estrelas; a segunda, cun peculiar e ironico conto por palabras, Reflexions sobre a precariedade laboral. Estes relatos amosan como o autor construe os textos de ficcion cos vimbios da sua vida, unha vida que traslada logo aos seus personaxes. Quizais isto explique por que a sua producion literaria recende a verdade e conta co aprecio dun publico tan amplo e tan diverso.Coma se fosen as pedriñas coas que Hansel marcaba os seus pasos pola espesura do bosque, O rastro que deixamos reúne por vez primeira traballos dados a coñecer por Agustín Fernández Paz en diferentes medios e contextos ao longo do tempo, asi como outros que permanecian ineditos. Neles, o autor aborda un regueiro de episodios fundamentais na sua vida, retallos da memoria que nos permiten achegarnos a etica e mais a poetica do escritor.Estes rastros son unha mostra de duas liñas de traballo esenciais, a memoria da infancia e o oficio da escrita. Na primeira parte, baixo a epigrafe As paisaxes da memoria, reunense escritos onde predominan as vivencias da nenez e da mocidade, naqueles anos en que asistiu a creacion do mundo na sua Vilalba natal. Os textos da segunda, titulada O oficio de escribir, falannos da sua paixon pola lectura e pola escrita, asi como da sua fe na forza das palabras para cambiar o mundo e cambiar a vida. Como ocorre nos libros de ficcion de Fernandez Paz, estas paxinas seducen pola claridade das ideas e polo engado con que se expresan. Ademais, permitennos adiviñar as pegadas das experiencias vitais na sua obra e descubrir os fundamentos do oficio de narrador, o termo no que o autor mellor se recoñece.Cada unha das duas partes pechase cunhas paxinas narrativas; a primeira, cos relatos A mirada de Clara e Cando nacen as estrelas; a segunda, cun peculiar e ironico conto por palabras, Reflexions sobre a precariedade laboral. Estes relatos amosan como o autor construe os textos de ficcion cos vimbios da sua vida, unha vida que traslada logo aos seus personaxes. Quizais isto explique por que a sua producion literaria recende a verdade e conta co aprecio dun publico tan amplo e tan diverso.
Ver más