Recaredo Rey, o torreiro soñador e único habitante da illa bocana, recolle nunha praia a Amaro Mengoti, un rapaz de trece anos de familia acomodada que naufragou na gamela Barandoñas cando saíu a pescar ao facho con Minguiños, o seu amigo de Beluxo. Amaro aprendera deste fareiro astronomo e panteista, de espirito robinsoniano e tocado polo mal da melancolia, a identificar no firmamento Liberia, a estrela que guiara coma un calabrote invisible a sorte deste rapaz. Recaredo e Amaro, tecidos polas puntadas que a amizade da no corazon, uniran as suas vidas ao mar; fuxidos da policia e polisons no cargueiro "La Negrita" en rota cara Guinea, compartiran con pilotos e mariñeiros, personalidades esculpidas en marmore, os perigos do mar, un magma en permanente facerse e desfacerse que esta a marxe da carreira da vida e da existencia. "A estrela dos polisons", a volta narrativa de Luis Rei Nuñez, despois de "Expediente Artieda", Premio Xerais de novela 2000, e unha novela de iniciacion e memoria que reconstrue con fidelidade e emocion un ano de vida dun rapaz no seu salto a adolescencia, toda unha aprendizaxe do desencanto.Unha grande historia de amizade, mar e aventuras que a converten nunha novela das de sempre.Recaredo Rey, o torreiro soñador e único habitante da illa bocana, recolle nunha praia a Amaro Mengoti, un rapaz de trece anos de familia acomodada que naufragou na gamela Barandoñas cando saíu a pescar ao facho con Minguiños, o seu amigo de Beluxo. Amaro aprendera deste fareiro astronomo e panteista, de espirito robinsoniano e tocado polo mal da melancolia, a identificar no firmamento Liberia, a estrela que guiara coma un calabrote invisible a sorte deste rapaz. Recaredo e Amaro, tecidos polas puntadas que a amizade da no corazon, uniran as suas vidas ao mar; fuxidos da policia e polisons no cargueiro "La Negrita" en rota cara Guinea, compartiran con pilotos e mariñeiros, personalidades esculpidas en marmore, os perigos do mar, un magma en permanente facerse e desfacerse que esta a marxe da carreira da vida e da existencia. "A estrela dos polisons", a volta narrativa de Luis Rei Nuñez, despois de "Expediente Artieda", Premio Xerais de novela 2000, e unha novela de iniciacion e memoria que reconstrue con fidelidade e emocion un ano de vida dun rapaz no seu salto a adolescencia, toda unha aprendizaxe do desencanto.Unha grande historia de amizade, mar e aventuras que a converten nunha novela das de sempre.
Ver más