📗 Libro en gallego AGNUS PATRIS (PREMIO ALVARO CUNQUEIRO DE TEXOS TEATRAIS 2001)

XERAIS - 9788483027455

Literatura en gallego Teatro en gallego

Sinopsis de AGNUS PATRIS (PREMIO ALVARO CUNQUEIRO DE TEXOS TEATRAIS 2001)

Teodosio, o pai; Orestes, o fillo; e Diana, a súa namorada son os tres protagonistas de Agnus patris, unha breve e intensa traxedia, que arranca argumentalmente dos aconteceres dunha cea intrascendente de familia. Unha obra que demostra que, aínda hoxe, a traxedia se amosa como esencia do mundo. ?Cunha economía máxima de recursos, unha linguaxe escénica que non ten medo a reivindicar a vixencia da herdanza simbolista e unha voz dramática que parte da trivialidade da fala cotiá para desembocar na plural densidade de significacións da poesía, o texto de Afonso Becerra eríxese nunha proposta singular no panorama das escrituras ibéricas actuais. É un texto que quere ser cifra de aspectos centrais do tempo que o fai posible, pero non xoga a carta do formalismo estéril, nin da parábola política, nin da comedia de costumes.A escritura de Afonso Becerra dótase dos recursos necesarios para enfrontarse a un aspecto importante da paisaxe emocional da súa xeración e da súa época, e por iso xoga a carta da expresión oblicua e da linguaxe densa. Pero o retrato que obtén é implacable. E é que hai unha rara sabedoría nesta escritura aínda temperá: a sabedoría de que a natureza do misterio é a natureza da vida, e que facela posible é e será a clave de calquera futuro desexable. A sabedoría de construír con todo isto carne de escenario?, son algunhas das palabras coas que o dramaturgo catalán Joan Casas cualifica esta primeira obra de Afonso Becerra.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483027455

Idioma: Gallego

Número de páginas: 70
Tiempo de lectura:
1h 34m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 24/06/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Pontevedra

Especificaciones del producto



Escrito por ALFONSO BECERRA DE BECERREA


Descubre más sobre ALFONSO BECERRA DE BECERREA
Recibe novedades de ALFONSO BECERRA DE BECERREA directamente en tu email

Opiniones sobre AGNUS PATRIS (PREMIO ALVARO CUNQUEIRO DE TEXOS TEATRAIS 2001)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana