Plinio, que foi un neno da inclusa, ten os ollos abertos cara aos antípodas. Na brevidade dunha noite dos estragos, acompañado por Luneda -o seu can-, relata as circunstancias do seu mundo, a vida na cidade do mar, cando os abismos semellan ser historia. Medra o silencio e Plinio vive na memoria e nas palabras do seu tempo: 2014. No desamparo renacen para sempre as resistencias, que o protagonista prende e abrasa nunha noite máxica. Todo é axiña: vai na devoración. O lume e a brasa dos monólogos. O realismo, desbordado no tránsito, xa non existe senón canda o solpor. E velaí van de balde e de bussines no avión transoceánico da fuxida as parrafadas de Banká e de Kapito, as alimarias, nunha viaxe a bordo que o soño nunca acorda. Desce o boeing cabo de moi lonxe e a noite troca en sol de ausencias.Plinio, que foi un neno da inclusa, ten os ollos abertos cara aos antípodas. Na brevidade dunha noite dos estragos, acompañado por Luneda -o seu can-, relata as circunstancias do seu mundo, a vida na cidade do mar, cando os abismos semellan ser historia. Medra o silencio e Plinio vive na memoria e nas palabras do seu tempo: 2014. No desamparo renacen para sempre as resistencias, que o protagonista prende e abrasa nunha noite máxica. Todo é axiña: vai na devoración. O lume e a brasa dos monólogos. O realismo, desbordado no tránsito, xa non existe senón canda o solpor. E velaí van de balde e de bussines no avión transoceánico da fuxida as parrafadas de Banká e de Kapito, as alimarias, nunha viaxe a bordo que o soño nunca acorda. Desce o boeing cabo de moi lonxe e a noite troca en sol de ausencias.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499148021
Idioma: Gallego
Número de páginas: 248
Tiempo de lectura:
5h 52m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 22/01/2015
Año de edición: 2015
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 2.0 cm
Peso: 381.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé Vázquez Pintor
Xosé Vázquez Pintor naceu en Melide (A Coruña) o 30 de novembro de 1946 e reside en Cangas desde o ano 1972. É autor dunha extensa obra literaria que abrangue a narrativa, a poesía, o ensaio, o xornalismo e a literatura infantil e xuvenil. Foi fundador dos grupos de Teatro Amador Ancoradouro-Mimo e Casa da Bola. No ámbito da narrativa publicou De ida e volta (1975), Lume de biqueira (Xerais, 1999), Quen faga voar (Premio Carvalho Calero, 2000), A memoria do boi (Xerais, 2001, Premio Torrente Ballester e Premio da Crítica Española), Mar de bronce (Xerais, 2003), Para dicir abril (Premio Cidade de Ourense, 2007), Máis vidas (2009) e Antípodas (Xerais, 2015). Como poeta destaca por Gándaras (1971), O espertar tamén é noso (1977), Ofidios de diario (Premio Eduardo Pondal, 1984), Na vertical da noite (Premio Cidade de Ourense, 1989), No corazón mancado (1989), Rotación violeta (1996), Banzados (2000) ou Seara (obra poética 1971-2011). Como autor teatral publicou, entre outros, A parroquia (finalista do Premio Abrente), A fraga encantada (1987), Sala de espera (1990), A sombra da memoria (1999), Teatro do patacón-Os pés do vento (2008). Como ensaísta destacan Os vellos oficios (Xerais, 1996), A tribo sabe (Xerais, 1999), Tal era vivir (Xerais, 2004) e A Terra do Medio (2009).