Avilés de Taramancos mergúllanos a través dos seus poemas nun cosmos literario sólido e inzado de vivencias.Unha selección dos mellores poemas de Avilés de Taramancos, pertencentes a diferentes obras: As Moradías do vento, A frauta y-o gramelo, Poemas a Fina Barrios. Pequeno canto, Poemas soltos a Maricarme Pereira, Os poemas da ausencia, Nova Crónica de Ulises, Cantos Caucanos, As torres no ar, Última fuxida a harar, entre outras.
Ficha técnica
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788482885940
Idioma: Gallego
Número de páginas: 208
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/02/2003
Año de edición: 2003
Plaza de edición: Es
Especificaciones del producto
Escrito por Anton Aviles De Taramancos y Ana Romaní
Xosé Antón Avilés Vinagre naceu na aldea noiesa de Taramancos, da que tirou o seu nome literario, Antón Avilés de Taramancos, o 6 de abril de 1935 e morreu na Coruña en 1992. En 1960 exiliouse en Colombia, país no que residiu durante vinte anos. De regreso a Galicia, incorporouse á vida social, política e cultural do país, sendo presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e concelleiro de Cultura de Noia pola BNG. No ano 2003 foi homenaxeado co Día das Letras Galegas. Como poeta é autor de As moradías do vento (1955), A frauta e o garamelo (1958), O tempo no espello (1962), Cantos caucanos (1985, Xerais 2003), e As torres no ar (1989). En 1992 publicouse, de forma póstuma, Última fuxida a Harar. Como narrador publicou Nova Crónica das Indias (1992, Xerais 2003). As súas colaboracións en prensa están recollidas en Obra viva (1992). Como dramaturgo escribiu na primavera de 1983 a peza Tres capitáns de tempos idos (Xerais 2003) co obxecto de que fose representada polos escolares da Serra de Outes; esta obra, inédita dende a súa estrea, foi editada por Xerais, en edición a cargo da profesora de Pilar Sampedro, dentro da súa colección Xerais Merlín.
Ana Romaní (Noia, 1962) publica no ano 1987 o seu primeiro libro de poemas Palabra de Mar. Despois editaríanse Das últimas mareas (1994), Arden (1998) e Love Me Tender (2006). Creou e participou en distintos proxectos artísticos, entre eles “Son Delas”, “Lob*s”, “Estalactitas”, “Catro poetas suicidas. Intervención poetica contra a levidade” ou “A voz e o poema. Os periplos de Aviles de Taramancos”. No ano 2003 publica Antón Avilés de Taramancos. Antoloxía (Galaxia). Dirixe desde 1990 o programa de información cultural “Diario Cultural” da Radio Galega, recoñecido co Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia (1992), o Premio Xerais (1999) á cooperación no labor cultural, o Premio San Martiño á Normalización Lingüística e Cultural (2000). Premio da Asociación de Escritores en lingua Galega (2007), Premio ao Fomento da Lectura na modalidade de radio da Federación de Gremios de Editores de España (2007). Polo seu labor profesional recibiu o Premio Atlantida á xornalista radiofónica do Gremi de Editors de Catalunya (2008), Premio de Honra Marisa Soto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (2009) e Premio á Traxectoria Xornalistica da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2009). Premio Nacional de Periodismo Cultural 2018.