leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego AS COUSAS QUE NON QUEREMOS OIR

Edicións Xerais - 9788491212959

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de AS COUSAS QUE NON QUEREMOS OIR

A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da Vilalba dos seus pais á Barcelona da súa infancia, o peso da orixe abre nela fendas que non sabe como xestionar. A proxección de si mesma na cidade, o rexeitamento e a vergoña, fan que por veces esqueza que foi en Vilalba, ese lugar que tanto detesta, onde coñeceu unha das persoas máis importantes da súa vida: a súa amiga Saínza. Dende a súa liña de saída torta, Aurora busca seguir correndo cara adiante sen matinar no percorrido, concentrada no seu traballo como xornalista de deportes e nos espazos dunha vida na que todo, en aparencia, está dentro do agardado. "As cousas que non queremos oír" explora o alleamento, os límites do corpo e a enfermidade, os afectos e a busca das certezas cando o mundo enteiro se esfarela. Porque de cando en vez a vida nos interroga sen que poidamos atopar respostas definitivas, máis que a forza de afondar na nosa propia debilidade para renacer.Nesta nova entrega do "Ciclo dos elementos", Reimóndez entrecruza os fíos das protagonistas de entregas anteriores cos de Aurora para continuar creando un universo literario único no que as lectoras son quen de compoñer tamén a historia a partir de cada unha das novelas independentes. Despois de "En vías de extinción", "A música dos seres vivos" e "Dende o conflito", "As cousas que non queremos oír" transita unha nova forma de enfrontarse á migración e o desprazamento e traza novas interaccións e perspectivas das personaxes xa coñecidas, como Gaia, MK ou Saínza Combarro.A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da Vilalba dos seus pais á Barcelona da súa infancia, o peso da orixe abre nela fendas que non sabe como xestionar. A proxección de si mesma na cidade, o rexeitamento e a vergoña, fan que por veces esqueza que foi en Vilalba, ese lugar que tanto detesta, onde coñeceu unha das persoas máis importantes da súa vida: a súa amiga Saínza. Dende a súa liña de saída torta, Aurora busca seguir correndo cara adiante sen matinar no percorrido, concentrada no seu traballo como xornalista de deportes e nos espazos dunha vida na que todo, en aparencia, está dentro do agardado. "As cousas que non queremos oír" explora o alleamento, os límites do corpo e a enfermidade, os afectos e a busca das certezas cando o mundo enteiro se esfarela. Porque de cando en vez a vida nos interroga sen que poidamos atopar respostas definitivas, máis que a forza de afondar na nosa propia debilidade para renacer.Nesta nova entrega do "Ciclo dos elementos", Reimóndez entrecruza os fíos das protagonistas de entregas anteriores cos de Aurora para continuar creando un universo literario único no que as lectoras son quen de compoñer tamén a historia a partir de cada unha das novelas independentes. Despois de "En vías de extinción", "A música dos seres vivos" e "Dende o conflito", "As cousas que non queremos oír" transita unha nova forma de enfrontarse á migración e o desprazamento e traza novas interaccións e perspectivas das personaxes xa coñecidas, como Gaia, MK ou Saínza Combarro.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491212959

Idioma: Gallego

Número de páginas: 496
Tiempo de lectura:
11h 51m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 09/11/2017

Año de edición: 2017

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 3.8 cm
Peso: 730.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por María Reimóndez


María Reimóndez

(Lugo, 1975) publicó su primera obra hace veinte años, el poemario Moda Galega (Positivas, 2002). A partir de entonces ha cultivado todos los géneros literarios, desde la narrativa adulta hasta la infantil y juvenil, pasando por el ensayo y el teatro.

Su obra parte de una inquieta visión feminista interesada por la construcción del poder y por la revolución de las formas narrativas que le ha granjeado algunos de los más importantes galardones literarios de Galicia, entre ellos el Premio Xerais de Novela en 2014 por Dende o conflito (Xerais, 2014) o el Premio Frei Martín Sarmiento de Literatura Infantil en dos ocasiones.

Reimóndez es doctora en Traducción e Interpretación especializada en enfoques feministas y decoloniales, hegemonía lingüística, ideología y poder.

Descubre más sobre María Reimóndez
Recibe novedades de María Reimóndez directamente en tu email

Opiniones sobre AS COUSAS QUE NON QUEREMOS OIR


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana