Este libro tenta de axudar a coñecer, valorar e defender o patrimonio material e inmaterial, concretado na vila de Bouzas. É un libro coral onde cada autor/a achégase ao lugar desde diferentes enfoques.
Dous percorridos, un que pespuntea o litoral e outro que se adentra no interior do casco histórico, pretenden introducir á persoa lectora na historia de Bouzas, sobre todo de finais do século xix e parte do xx A arquitectura no sentido amplo da palabra, a forma pétrea das ideas e do vivir da época, é o texto a ler: rúas-ramplas para gorecer aos barcos dos temporais, peiraos para o último invento (o barco pesqueiro a vapor), casas humildes da xente mariñeira, arquitectura de autor das armadoras e armadores
Séguelle o mar visto como fornecedor de alimentos; o mar dos saberes nos refráns; o mar dos naufraxios, da evocación poética, do lecer, das protestas cidadás contra os recheos.
Espazos para a lembranza esculca nos recunchos, como se de arqueoloxía se tratara, os vestixios materiais e as memorias daquel oficio, tenda, zapatería, os sons daqueles negocios que hoxe xa non están, e son só patrimonio inmaterial e lembranza. Acaba co relato das sensacións que esperta Bouzas nunha persoa que se achega por primeira vez.
Nesta segunda edición non hai cambios de contidos, mais por non dispoñer esta vez da subvención da Asociación de Mulleres Praia do Adro, o P.V.P. aproxímase ao prezo de mercado.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Do Cumio
ISBN: 9788482894836
Idioma: Gallego
Número de páginas: 174
Tiempo de lectura:
4h 5m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 29/06/2021
Año de edición: 2014
Plaza de edición: Es
Colección:
Fuera de colección
Fuera de colección
Especificaciones del producto
Opiniones sobre BOUZAS OLLADAS SALGADAS
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!