📗 Libro en gallego CANDO OS ANIMAIS FALABAN: CEN HISTORIAS DAQUEL TEMPO

Cen historias daquel tempo

Edicións Xerais- 9788483029077

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de CANDO OS ANIMAIS FALABAN: CEN HISTORIAS DAQUEL TEMPO

Cando os animais falaban é un tempo mítico en que se sitúan un grande número de contos populares, de sucesos fantásticos e marabillosos, sobre todo protagonizados por animais, coma os cen que se recollen neste volume preparado por Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Ese tempo mítico pérdese na noite dos tempos e lévanos a unha época remotísima, de aí que esta frase apareza como fórmula de entrada de contos e relatos, sobre todo dos contos de animais e dos contos marabillosos e de maxia, moi similar a outras ben coñecidas como "Érase unha vez", "Desta era" ou "Nos tempos de Maricastaña".
O cento de contos que se recollen neste volume, cada un deles ilustrado fermosamente a toda cor por Andrés Meixide, están tirados todos eles da tradicón oral galega; todos eles refírense ós tempos primitivos, os tempos da creación, cando se decidiu que as cousas fosen como son, que o carrizo fose pequeno, que a silveira dese amoras e que a cobra non tivese patas. Son contos populares que explican, a súa maneira, por que as cousas son dese xeito e non doutro.
Neste libro, singularmente fermoso, quedan explicadas a orixe e a causa de moitos fenómenos naturais e conductas humanas: ¿Por que os corvos non son fachendosos?, ¿Por que a andoriña é un paxaro que trae sorte?, ¿Por que o moucho chama sempre polos bois?, ¿Por que os paxaros fan niño?, ¿Por que no inverno non se ve o cuco? ¿Como se alimentan as follas das árbores? Son algunhas das preguntas que se responden neste volume, cuestións que quedan explicadas dun xeito tan inxenuo e plástico como fermoso. Un libro imprescindible para coñecer e gozar e rir cos nosos mitos fundacionais, que poden compararse cos de calquera outro pobo do mundo.

Ficha técnica


Ilustrador: Andrés Meixide

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483029077

Idioma: Gallego

Número de páginas: 128

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 11/12/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - EDICIÓNS SINGULARES
Alto: 25.5 cm
Ancho: 23.5 cm
Grueso: 1.3 cm
Peso: 718.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Antonio Reigosa y ANDRES MEIXIDE


Antonio Reigosa (Zoñán, Mondoñedo 1958) é escritor, investigador e divulgador da nosa cultura popular. Cronista oficial de Mondoñedo. Traballa como responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Provincial de Lugo. Cofundador de Chaira, grupo de Investigación Etnográfica, ten participado en proxectos de investigación sobre literatura oral. Tamén é coautor, xunto con Xosé Miranda e Xoán Ramiro Cuba, do "Dicionario dos Seres Míticos Galegos" (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo, é coautor dos volumes "Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega" (Xerais 2001), "Pequena mitoloxía de Galicia" (Xerais 2001), "Cando os animais falaban" (Xerais 2002), "Arrepíos e outros medos" (Xerais 2004) e "Antoloxía do conto galego de tradición oral" (2002). Xunto coa ilustradora Noemí López, publicou os álbums "Guía ilustrada da Galicia invisible" (Xerais 2010) e "Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal" (Xerais 2011). Como autor de literatura infantil publicou: "Memorias dun raposo" (Xerais 1998), novela, Premio Merlín; "Resalgario" (Xerais 2001), novela, Premio Raíña Lupa de literatura infantil 2000; "O galo avisado e o raposo trampulleiro" (Xerais 2003); "Bacoriño" (Xerais 2004); "O aprendiz de home do saco" (Xerais 2013) e "O raposo aviador que voa sen motor" (Xerais 2019). En 2014 preparou a edición de "Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías", e xunto con Antonio García Teijeiro publicou "Lendo lendas, digo versos" (Xerais, 2015), Premio Gala do Libro Galego 2016 (Iniciativa Bibliográfica) e Lista de Honra do IBBY, 2018.
Descubre más sobre Antonio Reigosa
Pere Tobaruela naceu en Barcelona en 1965 e vive dende hai anos en Rois. É por isto que alterna a escrita en catalán e en galego. Con máis de corenta títulos publicados en varias editoriais, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, conto, novela... Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís, e tamén para o público adulto. En Xerais, ademais de «Mariña e o balón» (2020), ten publicados estoutros libros para público infantil e xuvenil: «Vouvos papar» (2008), escrita en colaboración con Luz Méndez; «A cripta do apóstolo» (2010) e «O códice do Santo Lugar» (2013). Xunto con Andrés Meixide, é coautor da serie Formig4s, que xa conta con sete títulos.
Descubre más sobre ANDRES MEIXIDE

Opiniones sobre CANDO OS ANIMAIS FALABAN: CEN HISTORIAS DAQUEL TEMPO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana