Aínda lIe pesan as lembranzas daquela casa novacon boas vistas e o teito inzado de manchas de humidade; se cadra tece desde alí esta historia dos obxectos que compoñen a María Lado, esas cousas estúpidas e sinxelas que se apegan a ela para non abandonala nunca e que a perseguen de mudanza en mudanza nunha viaxe íntima e circular.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483026960
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 24/11/2001
Especificaciones del producto
Escrito por Maria Lado
María Lado (Cee, 1979) é escritora, tradutora e actriz. Como poeta, publicou «A primeira visión» (1997), «casa atlántica, casa cabaret» (Xerais, 2001), «berlín» (2005), «nove» (2008), «Amantes» (2011), «oso, mamá, si?» (Xerais, 2015) ou «Gramo Stendhal» (2020). É autora tamén do álbum infantil «Porque Cuqui non quere ir á lavadora» (2014) e, como narradora, publicou «Entre os dous hai un río» (2016). Con Lucía Aldao forma o dúo poético Aldaolado, que publica en 2020 o libro de poemas «Ninguén morreu de ler poesía» (Xerais, 2020). Con motivo da homenaxe polo Día das Letras Galegas ás cantareiras e á poesía popular oral, publica o libro infantil «Canta, miña compañeira. O legado das cantareiras» (Xerais, 2025).