Para presentar Contos da terra da tarde, nada mellor que as propias verbas de Bieito Iglesias, que describe deste xeito a súa obra: "Os relatos deste libro debullan un rosario de asuntos trizados pola cachamorra da actualidade: eutanasia, emigración, racismo, soidade urbana, esbarruamento da ruralía, turismo sexual, pederastia, violencias varias, exclusión dos vellos? No entanto eses e outros temas examínanse desde a ollada de personaxes excéntricas e un tal punto de vista quizais revele recantos escuros, iluminados pola luz crepuscular aludida no título ou ?nas distancias curtas? pola luz crúa e lívida de Caravaggio. As anécdotas e a introspección psicolóxica preséntanse nun estuche barroco beneficiado pola lingua vizosa e o diálogo coa tradición literaria ou co cinema. Son contos para interromper a lectura e deixar o lector suspenso a ollar unha mosca invisible". Asuntos de actualidade coma a eutanasia, o racismo, a soidade urbana ou a exclusión dos vellos combínanse con personaxes excéntricas mais ambos e dous, temas e caracteres, abórdanse cunha ollada que revela os seus recantos escuros, eses queilumina a luz crepuscular baixo a que se coloca este novo conxunto dehistorias do autor de 'Pan e coitelo'.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498654011
Idioma: Gallego
Número de páginas: 316
Tiempo de lectura:
7h 30m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 07/11/2011
Año de edición: 2011
Plaza de edición: Es
Colección:
Literaria
Literaria
Número: 303
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Bieito Iglesias
Bieito Iglesias Araúxo (Quintián, Coles, 1957). Licenciado en Historia Contemporánea. Profesor de Ensino Secundario en Santiago de Compostela. Colaborador literario en diversas publicacións (La Voz de Galicia, Tempos novos e Dorna). Como traductor realizou a versión galega, en colaboración con Manuel Vázquez, da serie de Sherlock Holmes de A. Conan Doyle (1995). Como ensaista participou no volume Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1991). Como narrador ten publicados: Luanda (1990), relato policial; Aventura en Nassau (Xerais 1991), contos; Vento de seda (Xerais 1992), novela; Miss Ourense (1994), relatos policiais; Conta os latidos (1995), novela curta; «Non sabía que doía tanto», incluído no volume Antoloxía do conto galego de medo (1996); O mellor francés de Barcelona (1999), relatos; A noite das cabras do aire (Xerais 1999), Premio Merlín 1999; A vida apoteósica (Xerais 2001), novela; A historia escríbese de noite (2001), novela, premio García Barros; e os relatos " Hotel Arriaga " publicado en Materia prima (Xerais 2002) e " Momentos decisivos " publicado en Longa lingua (Xerais 2002). En 1999 obtivo o premio Ciudad de Salamanca coa novela en castelán Bajo las más bellas estrellas (Algaida 1999).