📗 Libro en gallego DE CERTO, A VIDA IA EN SERIO

CHAN DA POLVORA - 9788412222173

Poesía Antologías

Sinopsis de DE CERTO, A VIDA IA EN SERIO

A partir de entrevistas, conferencias, autopoéticas e poemas, “Chan da Pólvora” reconstrúe a personalidade e a obra de Xela Arias nunha antoloxía de textos intensos e demoledores. María Xesús Nogueira a foi a encargada de realizar a selección e o estudo complementario sobre unha muller que viviu de maneira intensa e, con frecuencia indómita, o seu tempo. Non só recolle textos poéticos da autora senón que recupera un prezado material: entrevistas, autopoéticas, reflexións ou conferencias que permite reconstruír a biografía e mais a personalidade da autora a partir das súas propias palabras, unha perspectiva ata agora inédita. “Asinamos ser libres e o vieiro é a independencia total e gratuíta”, escribe Xela Arias neste libro de forza incontestable, titulado como un dos seus versos máis rotundos, De certo, a vida ía en serio. Non se trata unicamente dunha escolma ou dunha biografía. Estamos ante unha mirada transversal que reconstrúe a complexidade da escritora a través das súas propias palabras, pero tamén unha esixente selección de poemas, intensos e demoledores, visionarios e inquietantes.

Ficha técnica


Editorial: Chan Da Polvora

ISBN: 9788412222173

Idioma: Gallego

Número de páginas: 111

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 15/03/2021

Año de edición: 2021

Plaza de edición: Es

Colección:
Cova da Lontra

Número: 3
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 0.9 cm
Peso: 207.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xela Arias


Xela Arias
Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003), poeta, tradutora e editora, desenvolveu o seu traballo profesional en Edicións Xerais entre 1980 e 1990. Tras licenciarse en Filoloxía, exerceu como profesora de ensino secundario ata o seu falecemento. Como poeta, publicou os libros «Denuncia do equilibrio» (1986); «Tigres coma cabalos» (1990), en colaboración co fotógrafo Xulio Gil; «Darío a diario» (1996); e «Intempériome» (2003). Posuidora dunha voz inclasificable, a súa obra poética está marcada pola innovación e unha intención transgresora da palabra. Como tradutora, verteu ao galego obras de Fenimore Cooper, Jorge Amado, James Joyce, Camilo Castelo Branco, Roald Dahl, Angela Carter, Baudelaire ou Alice Vieira, labor polo que recibiu recoñecementos como a Medalha do Prêmio de Tradução Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución ou o Premio Plácido Castro. En 2021 dedícaselle o Día das Letras Galegas.
Descubre más sobre Xela Arias
Recibe novedades de Xela Arias directamente en tu email

Opiniones sobre DE CERTO, A VIDA IA EN SERIO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana