📗 Libro en gallego DIALECTOLOXIA DA LINGUA GALEGA

XERAIS - 9788475074726

Estudios lingüísticos Lingüística del gallego

Sinopsis de DIALECTOLOXIA DA LINGUA GALEGA

¿Cantos galegos hai? ¿Qué variantes realmente representativas caracterizan as distintas áreas xeográficas da lingua que falamos? ¿Existen dialectos no galego ou todo é unha unidade plural? ¿Qué clase de relacións ou interferencias establece o noso idioma con outras linguas veciñas? A estas outras cuestións dáse cumprida resposta nas páxinas deste libro, que son o resultado de máis de quince anos de investigación sobre a lingua oral, dende que en novembro de 1974 empezaron no Instituto da Lingua Galega os traballos para a elaboración do primeiro Atlas Lingüístico de Galicia. Francisco Fernández Rei é o coordenador e redactor do primeiro volume, adicado á Morfoloxía Verbal, e dende entón converteuse na nosa principal autoridade nestas cuestións. Dialectoloxía da lingua galega, o primeiro dos nosos MANUAIS universitarios, propón ó lector un exame completo e documentado da realidade viva do idioma a partir da súa riqueza e da súa diversidade, avaliada por unha extensa investigación de campo.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475074726

Idioma: Gallego

Número de páginas: 280
Tiempo de lectura:
6h 38m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 10/05/2001

Año de edición: 1990

Plaza de edición: Madrid
Peso: 305.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Francisco Fernández Rei


Francisco Fernández Rei (Fefiñáns-Cambados, 1952) Catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou na Real Academia Galega co discurso "Ramón Cabanillas, Manuel Antonio e o Mar da Arousa". Cofundou as revistas "A Trabe de Ouro" e " Ardentía", a asociación sociocultural "Redes Escarlata" e a plataforma apartidaria "ProLingua", tamén presidiu a Comisión Organizadora do VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (Cambados 2005). No Instituto da Lingua Galega dirixe o "Arquivo do Galego Oral" e coordinou o vol. I "Morfoloxía verbal" (1990, Premio da Crítica de Investigación), IV "Tempo atmosférico e cronolóxico" (2003) e VI "Terra, plantas e árbores" (2014) do "Atlas Lingüístico Galego". Autor do manual "Dialectoloxía da lingua galega" (Xerais, 1990, Premio Losada Diéguez de Investigación) e coeditor con Carme Hermida do audio-libro "A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego" (1996). Estudou o galego estremeiro, a elaboración do galego moderno, o léxico mariñeiro e o mar na literatura galega; e coeditou con Antón Santamarina "Estudios de sociolingüística románica. Linguas e variedades minorizadas" (1999) e con Luís Rei "Roteiros pola poesía de Ramón Cabanillas" (2009).
Descubre más sobre Francisco Fernández Rei
Recibe novedades de Francisco Fernández Rei directamente en tu email

Opiniones sobre DIALECTOLOXIA DA LINGUA GALEGA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana