📗 Libro en gallego E QUE PODO FACER EU?

OQO Editora - 9788498710496

Infantil 5 a 6 años Álbumes ilustrados

Sinopsis de E QUE PODO FACER EU?

O señor Xe le as noticias do xornal e o corpo éncheselle de preocupacións. A cada momento pregúntase: E que podo facer eu? Un día atopa unha resposta; outro día, outra; e outra máis…

Cómpre que os nenos e as nenas saiban que as cousas non son tan doadas para todos. Revelándolles desde ben pequenos, os matices da realidade máis próxima, aínda que, sen que teñan que padecer esas situacións dramáticas, xa poden ir tomando conciencia de como é o mundo que os rodea. Con esta lectura comprenderán ademais, que paga a pena ser activos e implicarse na loita por valores como a igualdade, a solidariedade e a xustiza social.

Este álbum lémbranos que hai que ver máis alá de nós mesmos, e esforzarse un pouco máis en axudar a quen o necesita. Son moitas as cousas que, case sen nos decatar, podemos facer. Abonda con abrirmos os ollos e aprendermos a mirar. Asemade, trata temas como a solidariedade, os valores humanos, e anímamos a que manteñamos unha actitude xenerosa que de seguro contribuirá ao noso crecemento persoal e a que a nosa vida sexa máis satisfactoria. En resumo, un raio de esperanza para que comecemos a cambiar o planeta e nos enfrontemos aos problemas do noso tempo.

Jesús Cisneros combina no traballo plástico, acuarela, tinta e lapis, co traballo dixital, nunhas ilustracións onde a cor e a composición representan un importante papel: espazos baleiros que se enchen a medida que avanza a acción e que nos amosan a evolución persoal do protagonista no plano da imaxe.

Texto de José Campanari
Ilustracións de Jesús Cisneros
Tradución do castelán de Marisa Núñez


Ficha técnica


Ilustrador: Jesus Cisneros Laguna

Editorial: Oqo Editora

ISBN: 9788498710496

Idioma: Gallego

Número de páginas: 40

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 21/05/2008

Año de edición: 2008

Plaza de edición: Pontevedra

Colección:
colección O

Alto: 23.0 cm
Ancho: 25.0 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 480.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por José Campanari


Descubre más sobre José Campanari
Recibe novedades de José Campanari directamente en tu email

Opiniones sobre E QUE PODO FACER EU?


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana