FENDAS NA CAVERNA

XERAIS- 9788483022283

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de FENDAS NA CAVERNA

Neste primeiro libro de ensaios, o profesor Xenaro García Suárez, a quen coñeciamos pola súa edición crítica de Os manuscritos matemáticos de Karl Marx (Xerais, 1986) e polos seus traballos na área de matemáticas e estatística, toma como nexo o discurso matemático en canto soporte de moitas das modelizacións que na actualidade se fan para interpretar distintos aspectos da realidade. A temática de Fendas na caverna abrangue dende a análise demográfica da dinámica poboacional galega (magnífico ensaio co que se inicia o volume, e que amosa a necesidade ineludible de realizar unha intervención sociodemográfica no país, se non queremos camiñar paseniñamente cara o harakiri colectivo) ata as constriccións a que está sometida a mercadoría do "coñecemento" no mercado mundial. Considéranse as posibles aplicacións dos procedementos lóxicos e estatísticos a determinados eidos como o xudicial, e fanse mesmo disquisións sobre matemáticas e estética, para rematar poñendo en evidencia as propias matemáticas que, a pesar de ser un recurso lexitimador do discurso moderno sobre o home e o mundo, presentan limitacións por todas partes. Limitacións que non impiden, para o autor, constrinxilas a un mero saber instrumental. Para García Suárez as matemáticas poden axudar a crear individuos verdadeiramente autodeterminados que poidan desempeñar papeis decisivos perante a posibilidade de dirixir a nova era por vir, cara á intelixencia, á liberdade e á solidariedade. Ou sexa, a reducción da conciencia a pura linguaxe formalizada -en definitiva, á matemática- non deixa de ser unha quimera. A caverna de Platón ten fendas que non parece posible reparar coas subvencións da comunidade europea, aínda que veñan en forma de axudas para encher os top journals do barroquismo emanado dos paradigmas dominantes. En palabras do propio autor, "trátase de xerar un discurso orientado ao mundo social e ás tradicións baixo as que se tratou de interpretar ese mundo, sexan linguaxes específicas de áreas concretas de coñecemento -como as matemáticas-, sexan linguaxes da vida cotiá que expresen o sentido común. Un discurso que rexeite a espera infinda polo coñecemento verdadeiro sobre a sociedade, antes de actuar. A práctica -mesmo a teoría- debe levarse a cabo en calquera momento, coa esperanza de que a propia acción resolva as ambigüidades discursivas".

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483022283

Número de páginas: 119

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/05/2001

Año de edición: 1998

Plaza de edición: Vigo
Colección:
Ferros
Número: 000013

Especificaciones del producto



Escrito por Xenaro García Suárez


Descubre más sobre Xenaro García Suárez
Recibe novedades de Xenaro García Suárez directamente en tu email

Opiniones sobre FENDAS NA CAVERNA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana