Neste primeiro libro de ensaios, o profesor Xenaro García Suárez, a quen coñeciamos pola súa edición crítica de Os manuscritos matemáticos de Karl Marx (Xerais, 1986) e polos seus traballos na área de matematicas e estatistica, toma como nexo o discurso matematico en canto soporte de moitas das modelizacions que na actualidade se fan para interpretar distintos aspectos da realidade. A tematica de Fendas na caverna abrangue dende a analise demografica da dinamica poboacional galega (magnifico ensaio co que se inicia o volume, e que amosa a necesidade ineludible de realizar unha intervencion sociodemografica no pais, se non queremos camiñar paseniñamente cara o harakiri colectivo) ata as constriccions a que esta sometida a mercadoria do "coñecemento" no mercado mundial. Consideranse as posibles aplicacions dos procedementos loxicos e estatisticos a determinados eidos como o xudicial, e fanse mesmo disquisions sobre matematicas e estetica, para rematar poñendo en evidencia as propias matematicas que, a pesar de ser un recurso lexitimador do discurso moderno sobre o home e o mundo, presentan limitacions por todas partes. Limitacions que non impiden, para o autor, constrinxilas a un mero saber instrumental. Para Garcia Suarez as matematicas poden axudar a crear individuos verdadeiramente autodeterminados que poidan desempeñar papeis decisivos perante a posibilidade de dirixir a nova era por vir, cara a intelixencia, a liberdade e a solidariedade. Ou sexa, a reduccion da conciencia a pura linguaxe formalizada -en definitiva, a matematica- non deixa de ser unha quimera. A caverna de Platon ten fendas que non parece posible reparar coas subvencions da comunidade europea, ainda que veñan en forma de axudas para encher os top journals do barroquismo emanado dos paradigmas dominantes. En palabras do propio autor, "tratase de xerar un discurso orientado ao mundo social e as tradicions baixo as que se tratou de interpretar ese mundo, sexan linguaxes especificas de areas concretas de coñecemento -como as matematicas-, sexan linguaxes da vida cotia que expresen o sentido comun. Un discurso que rexeite a espera infinda polo coñecemento verdadeiro sobre a sociedade, antes de actuar. A practica -mesmo a teoria- debe levarse a cabo en calquera momento, coa esperanza de que a propia accion resolva as ambiguidades discursivas".
En general, la historia de la ciencia portuguesa es completamente desconocida en España, y aunque también Portugal sufrió los rigores de la intolerancia eclesial, hubo intentos de incorporación al pensamiento ilustrado. El de José Anastácio da Cunha, tratando de estudiar los fundamentos de las matemáticas que a finales del siglo XVIII se hacían en la Europa científicamente culta, es uno de los más sobresalientes. Como poeta, Da Cunha representa, en palabras de Fernando Pessoa, "la primera luz del amanecer de la literatura portuguesa". Su poesía muestra las emociones de la sensibilidad amorosa y las angustias de una inteligencia inquieta por las corrientes heterodoxas de su tiempo.