📗 Libro en gallego KALEVALA

Rinoceronte Editora - 9788492866977

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de KALEVALA

O Kalevala é a “epopea nacional finlandesa” compilada por Elias Lönnrot, marcada coma un fito da literatura finesa e como un dos grandes traballos en verso da literatura universal. A primeira edición do Kalevala publicouse en 1835, tras viaxar o seu compilador por todo o país recollendo pezas folclóricas finlandesas entre 1828 e 1834. Cando se publicou esta obra, Finlandia era un gran ducado autónomo, pero ata 1809 fora parte do Reino Sueco. Deste xeito, o Kalevala converteuse nun símbolo da cultura, lingua e do pasado de Finlandia e contribuíu a construír a identidade do país. Tras a primeira edición do Kalevala, Lönnrot recolleu máis de 130 000 versos de poesía e a partir da edición anterior incorporou estes versos e publicou un Novo Kalevala, con data de 1849, que é a obra que os finlandeses len na escola e a base para a maioría das 60 traducións existentes desta obra. A lenda, o mito e a evocación poética enlázanse perfectamente no Kalevala, erixindo un mundo habitado por heroes de carne e óso, que oscilan entre o humano, o divino e o esperpéntico. Por iso os actos dos personaxes do Kalevala están ateigados de extravagancias e deslices humanos. En Finlandia, mesmo existe un Día Kalevala, que se celebra o 28 de febreiro, dende 1865, na Universidade de Helsinki, e dende 1978 recoñécese como un festivo nacional, para render tributo a esta obra cume da mitoloxía e do folclore do país. A tradución ao galego da obra Kalevala é unha iniciativa ambiciosa pero necesaria para conectar a nosa cultura coa do Norte de Europa, xa que ata agora non existía ningunha edición no noso idioma.

Ficha técnica


Editorial: Rinoceronte Editora

ISBN: 9788492866977

Idioma: Gallego

Número de páginas: 430
Tiempo de lectura:
10h 16m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 06/02/2018

Año de edición: 2018

Plaza de edición: España
Colección:
Vétera
Peso: 1.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Elias Lönnrot


Elias Lönnrot nació en 1802, en Sammatti, Finlandia. Es uno de los poetas y lingüistas más importantes de la historia de la literatura finesa y uno de los padres del resurgimiento de la conciencia nacional de su país. Entre 1828 y 1844 realizó numerosas expediciones, sobre todo a Carelia, para recoger poesías populares a partir de las cuales elaboró, entre otras obras, el Kalevala. Profesor de lengua finesa en la Universidad de Helsinki, fundó la primera revista finlandesa, Mehiläinen (La abeja), y fue autor de una magna obra, a caballo entre la recuperación de las tradiciones populares y la filología. Murió en su villa natal, en 1884.
Descubre más sobre Elias Lönnrot
Recibe novedades de Elias Lönnrot directamente en tu email

Opiniones sobre KALEVALA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana