📗 Libro en gallego MANUEL LUEIRO REY (1916-1990.). A LIBERDADE FERIDA

A LIBERDADE FERIDA

Edicións Xerais - 9788499145068

Estudios literarios Biografías y estudios de escritores

Sinopsis de MANUEL LUEIRO REY (1916-1990.). A LIBERDADE FERIDA

A dimensión humana e mais o legado literario de Manuel Lueiro Rey (1916-1990) son, realmente, os que constrúen e dotan de sentido cabal este volume. A través daquelas persoas que o trataron en vida, daqueles estudosos da súa produción humanística ou, simplemente, de quen aínda se sente preto del, Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida pretende actualizar e pór ao día, tanto para as xeracións máis novas coma para os seus coetáneos aínda felizmente entre nós, a traxectoria biográfica do autor de Fornelos de Montes que escolleu Pontevedra para traballar e O Grove para vivir, sen esquecer o pouso humano que deixou en tantas persoas, o seu pensamento político e, xaora, a súa extensa, e aínda hoxe pouco divulgada, produción prosística, poética ou ensaística. Para esta abordaxe, o libro convocou persoas de diversas xeracións e sensibilidades distintas que participaron nel con entusiasmo, sempre converxendo no respecto e admiración que a figura, a obra ou o legado de Lueiro suscitou neles. Velaquí, en suma, unha homenaxe literaria, dalgún xeito tamén cívica, ao autor d''O sol na crista do galo, de quen se rescatan, asemade, textos literarios inéditos ou escasamente coñecidos da súa autoría, alén dun abondoso corpus fotográfico e documental nunca antes publicado.A dimensión humana e mais o legado literario de Manuel Lueiro Rey (1916-1990) son, realmente, os que constrúen e dotan de sentido cabal este volume. A través daquelas persoas que o trataron en vida, daqueles estudosos da súa produción humanística ou, simplemente, de quen aínda se sente preto del, Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida pretende actualizar e pór ao día, tanto para as xeracións máis novas coma para os seus coetáneos aínda felizmente entre nós, a traxectoria biográfica do autor de Fornelos de Montes que escolleu Pontevedra para traballar e O Grove para vivir, sen esquecer o pouso humano que deixou en tantas persoas, o seu pensamento político e, xaora, a súa extensa, e aínda hoxe pouco divulgada, produción prosística, poética ou ensaística. Para esta abordaxe, o libro convocou persoas de diversas xeracións e sensibilidades distintas que participaron nel con entusiasmo, sempre converxendo no respecto e admiración que a figura, a obra ou o legado de Lueiro suscitou neles. Velaquí, en suma, unha homenaxe literaria, dalgún xeito tamén cívica, ao autor d''O sol na crista do galo, de quen se rescatan, asemade, textos literarios inéditos ou escasamente coñecidos da súa autoría, alén dun abondoso corpus fotográfico e documental nunca antes publicado.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499145068

Idioma: Gallego

Número de páginas: 224
Tiempo de lectura:
5h 17m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 13/05/2013

Año de edición: 2013

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS - Ensaio

Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 399.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Marilar Aleixandre y Xesús Alonso Montero


Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) é feminista, narradora, poeta, tradutora e membro da Real Academia Galega. En Galaxia publicou Mudanzas e outros velenos (2017); nesta colección, Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros (Costa Oeste, 2017) e A filla do minotauro (2018, Premio Raíña Lupa); A compañía Clandestina de Contrapublicidade (Literaria, 1998, Premio Álvaro Cunqueiro) e As malas mulleres (2021, Premio Eduardo Blanco Amor 2020 e Premio Nacional de Narrativa 2022) e Lobos nas illas (2024), entre outros.
Descubre más sobre Marilar Aleixandre
Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), filólogo, ensaísta e polígrafo, catedrático emérito da USC e doutor honoris causa pola UNED, foi presidente da Real Academia Galega (2013-2017). A súa ampla obra abrangue distintos campos temáticos, entre as que se poden salientar: Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973), As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane (1994), Oteriana (Galaxia, 2000), Curros Enríquez no franquismo (1936-1911) (2003), Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces (Galaxia, 2006), A batalla de Montevideo (2003), Os escritores galegos ante a Guerra Civil española. 1936-1939 (Galaxia, 2001), Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega (Galaxia, 2009) Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo (2011, Premio Losada Diéguez, 2012) e Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio (Antoloxía poética) (Galaxia, 2022).
Descubre más sobre Xesús Alonso Montero

Opiniones sobre MANUEL LUEIRO REY (1916-1990.). A LIBERDADE FERIDA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana