A creación do personaxe no ciclo artúrico é a clave da minuciosa e certeira biografía literaria� de Merlín, mago, profeta e conselleiro de reis, feita polo xove investigador Santiago Gutiérrez. De pregunta semellante debeu partir a inquedanza de Santiago Gutiérrez: ¿Como fixo, Geoffrey de Monmouth, para inventar Bretaña?, ¿Como fixeron Wace e Chétrien de Troyes? Destes interrogantes nace a primeiriza e ben lograda investigación de S. Gutiérrez que co título Merlín e a súa historia acaba de saír. Primeiriza porque empata directamente coa tesiña de licenciatura deste novo (e annovador) investigador, e ben lograda porque ofrece un resultado callado de madureza e minuciosidade. Comeza Gutiérrez por desenlear a confusa trama na que asoma o mago e profeta, nomeado como Merlius Silvester ou Ambrosius nas crónicas e nas lendas célticas. Estes materiais dispersos serán reelaborados imaxinativamente por Geoffrey de Monmouth, quen en Prophetiae Merlini, Historia Regum Brtitanniae e Vita Merlini inicia a construcción do universo artúrico. Gutiérrez esmiúza a obra de Monnouth para poñer en relevo as pecularidades e orixinalidade da composición do seu Merlín, que pasará a ser a estrela dunha ricaz tradición literaria. O Roman de Brut de Robert Wace converterase despois na ponte de paso ás linguas romances da materia bretona. Na definición da identidade merlinesca foron decisivas as obras de Robert Boron �Joseph d�Arimahie, Merlín, e Perceval�; quen será o primeiro en concibir un conxunto de romans, articulados ao redor da empresa do Santo Grial, que arelaban contar a historia do reino de Logres, de Merlin, e de Artur e os seus cabaleiros. Boron mudará a identidade do mago-profeta en profeta do Santo Vaso e asentarao de vez na corte do monarca bretón. Obras posteriores, como a Suite-Vulgata ou a Suite do Merlín virán a arriquecer levemente o perfil do personaxe tracexado, pero mutiplicarán o protagonismo de Merlín no grande relato.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483021446
Idioma: Gallego
Número de páginas: 328
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 16/05/2001
Año de edición: 1997
Plaza de edición: Vigo
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por SANTIAGO GUTIERREZ
Santy Gutiérrez é debuxante profesional e abarca case todas as disciplinas: humorismo gráfico, caricatura, ilustración en prensa e debuxo publicitario. Colaborou en Xerais como ilustrador de textos educativos. Na colección Merlín ilustrou os seguintes libros: «Tanis I o Mocos», «Resalgario», «Estanislao, príncipe de Sofrovia», «O Maquinista Antón», «O corazón da maxia» e «Papá caníbal».