O LITORAL

XERAIS- 9788483022887

Ecología. Medio ambiente

Sinopsis de O LITORAL

A natureza en Galicia, fiel ás antigas tradicións, maniféstase tamén como unha valiosa colección de límites, fronteiras e peculiaridades. Aquí no estremo noroccidental da Península Ibérica, ubícase o límite da distribución de moitas especies vexetais e animais. Aquí, onde as montañas se irmandan co mar, atópase a fronteira entre a aridez da meseta e a humidade oceánica, entre o anticiclón das Azores e as borrascas do norte, entre os dominios florísticos eurosiberiano e mediterráneo, e entre a fauna septentrional e meridional europea. Para valorar e amar toda esta riqueza cumpre coñecela e é polo que os seus autores, Enrique Vélez e Mª Carmen Pereiro, autores tamén da exitosa guía As montañas de Galicia, editada nesta mesma colección, traballaron, durante longo tempo, para facernos chegar un censo exhaustivo dos puntos de interese natural máis importantes de Galicia, organizados en dous volumes, o primeiro para o litoral e o segundo para o interior. A distribución das 261 paraxes naturais inventariadas, é mostra da riqueza natu-ral do noso país. Para facilitar a súa visita agrupáronse en 40 zonas que soen coincidir con comarcas, serras, ríos ou treitos costeiros. Cada unha das zonas recibe un tratamento individualizado que comeza coa análise das súas características máis relevantes. Posteriormente procédese á localización xeográfica e ó estudio de todas as súas paraxes naturais. A parte sistemática do libro, na que se describen as distintas paraxes, está acompañada dunha parte temática que analiza sinxelamente algúns dos aspectos científicos máis relevantes de cada unha das 40 zonas descritas.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483022887

Idioma: Castellano

Número de páginas: 280

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 11/05/2001

Año de edición: 1998

Plaza de edición: Vigo
Alto: 20.0 cm
Ancho: 13.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por ENRIQUE VELEZ BARRIO y Mª CARMEN PEREIRO VIZCAINO



Opiniones sobre O LITORAL


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana