📗 Libro en gallego ROMASANTA: MEMORIAS INCERTAS DO HOME LOBO

SOTELO BLANCO EDICIONS - 9788478244393

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de ROMASANTA: MEMORIAS INCERTAS DO HOME LOBO

En Romasanta. Memorias incertas do home lobo, Alfredo Conde preséntanos as memorias apócrifas de Manuel Blanco Romasanta, un asasino en serie galego indultado pola raíña Isabel II de Borbón logo dun complicado proceso iniciado en Allariz no ano 1853, proceso no que desempeñaron un importante papel os medios de comunicación da época, que, a través dunha campaña de prensa de repercusións internacionais, trataron de convencer a opinión pública da condición de licántropo do inculpado. A partir de entón, a figura do chamado Home Lobo de Allariz ten sido amplamente tratada na literatura e no cine. Todas as versións dos feitos existentes ata o día de hoxe coincidían en presentarnos un vendedor ambulante, vítima da superstición e da ignorancia, que asasinaba as súas vítimas sen ser consciente dos seus actos. Porén, a reconstrución dos feitos que atopamos nestas memorias é completamente diferente. As xentes do común, xunto coa clase médica e o corpo togado galego, bautizaron no seu día a Romasanta como o Sacaúntos, o Home do Saco e mesmo o Sacamanteigas, pero nunca se referiron a el como o Home Lobo, posibilidade pola que non se chegaron a inclinar en ningún momento. Foron os crentes nas supercherías científicas daquel tempo os que lle deron crédito á hipótese do licántropo. A realidade parece ser que foi moi distinta, tal e como se nos amosa nesta novela.

Ficha técnica


Editorial: Sotelo Blanco Edicions

ISBN: 9788478244393

Idioma: Gallego

Número de páginas: 152
Tiempo de lectura:
3h 33m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 14/04/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: A Coruña

Especificaciones del producto



Escrito por Alfredo Conde


Alfredo Conde (Allariz, 1945). Mariño mercante. Dedicado ao xornalismo literario, colabora actualmente con El Correo Gallego. A súa obra narrativa está traducida a diversas linguas. En 1968 apareceu o seu primeiro libro, o poemario Mencer de lúas. Como narrador publicou, entre outras obras, Mementos de vivos (1974), relatos; O contubernio (1978), novela; O barco é do amo (1978), novela; Breixo (Xerais 1981), novela, Premio da Crítica Española e Premio da Crítica de Galicia; Memoria de Noa (Xerais 1982), Premio Chitón de novela e Premio Ícaro; Xa vai o Griffón no vento (1984; Xerais 1998), Premio Blanco Amor de novela, Premio da Crítica Española, Premio Nacional de Literatura, Premio Grinzane Cavour á mellor novela estranxeira publicada en Italia en 1990; Una conversación en la Habana (1989), longa entrevista con Fidel Castro; Música sacra (1989), contos; Los otros días (1991), Premio Nadal de novela; Sempre me matan (1995), novela; A Casa de Adara (Xerais 1996), relatos; O fácil que é matar (Xerais 1997), novela; Azul cobalto (2001), novela; Memorias dun soldado (2002), novela; Ósos de santo (2010), novela; Chovida do ceo (Xerais 2014) novela e O beato (Xerais 2016), Premio Ateneo de Valladolid 2015.
Descubre más sobre Alfredo Conde
Recibe novedades de Alfredo Conde directamente en tu email

Opiniones sobre ROMASANTA: MEMORIAS INCERTAS DO HOME LOBO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana