📗 Libro en gallego RUGANDO OU O MISTERIO DO CUARTO SECRETO

Editorial Galaxia, S.A. - 9788491515920

Misterio y terror Más 15 años

Sinopsis de RUGANDO OU O MISTERIO DO CUARTO SECRETO

Esta obra recibiu no 2012 o IX Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez. Edición corrixida e aumentada Uns poucos días nunha plácida casa rural abondan para descubrir un misterio que Olalla e os seus colegas tratarán de descifrar. Baixo os muros dunha vella ferrería un monxe alquimista busca a eterna quimera procurada desde a orixe dos tempos. Presente e pasado van da man nesta historia. Ou son, se cadra, a mesma cousa? Atopará Olalla a solución ao enigma? E, sobre todo, acadaría o monxe o éxito desexado?

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788491515920

Idioma: Gallego

Edad de interés: Desde 15 años
Número de páginas: 136
Tiempo de lectura:
3h 9m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 18/02/2021

Año de edición: 2021

Plaza de edición: Vigo
Colección:
Costa Oeste
Número: 123
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Celia Díaz Núñez


Celia Díaz Núñez (O Páramo, 1961), licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica, desenvolveu a súa actividade docente como profesora de ensino secundario e universitario en Ourense. Deuse a coñecer como narradora en 2003, cando publicou Adeliña, novela gañadora do premio Pura e Dora Vázquez, que volveu gañar en 2012 con Rugando ou o misterio do cuarto secreto (Galaxia, 2021). É autora de obras de teatro infantil, como Cataventos e cía. (Premio Barriga Verde de textos teatrais, 2004), Velaí vai o papaventos (2014); O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna (Premio o Facho de teatro infantil 2016) e Unha estrela para Amina (Premio o Facho de teatro infantil, 2019; Galaxia, 2020); e do libro de pasatempos Restra de letras (2002), do ensaio literario Voces na terra. Quiroga e os seus escritores (1995) e de libros de texto para a aprendizaxe da lingua galega. En Editorial Galaxia tamén publicou a novela Unha verdade amarga (2017), os libros de relatos Corte e confección (2019) e As faces do diamante (2023), así como a novela para público xuvenil A boca do monte (2016).
Descubre más sobre Celia Díaz Núñez
Recibe novedades de Celia Díaz Núñez directamente en tu email

Opiniones sobre RUGANDO OU O MISTERIO DO CUARTO SECRETO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana