SAROU (PREMIO CAFE DUBLIN DE NARRATIVA BREVE 1997)

XERAIS - 9788483021590

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de SAROU (PREMIO CAFE DUBLIN DE NARRATIVA BREVE 1997)

Sarou afonda, cunha secuencia narrativa cronolóxica, que se desenvolve en a penas vintecatro horas, e un estilo descarnado, directo e sen concesións, na particular conta atrás de dous homes, Sito e Cardiño, e de dúas mulleres, Karina e Laura, lanzados nunha carreira sen retorno cara ós instantes decisivos das súas vidas.Sito, xove narcotraficante de orixe humilde, despois de catorce meses sae da prisión en liberdade condicional. Dende ese momento e nunha carreira alucinada a bordo do seu todorreo, buscará obsesivamente recuperar o tempo perdido: procurará o amor perdido de Karina que xa non atopará; pretenderá arranxar os seus "negocios pendentes" cos seus colegas da banda dos Buga que non solucionará; buscará os seus cartos enterrados no monte...

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483021590

Número de páginas: 81

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/05/2001

Año de edición: 1997

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Ramón Caride Ogando


Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario «Paisaxe de verde chuvia» (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como «Soños eléctricos» (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor; «Sarou» (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio «Sarou / Louzós» (Xerais, 2012); «O frío azul» (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española); «O sangue dos camiños» (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica; os libros de relatos «Flash-Black 13» (2014), «Exogamia 0.3» (Xerais, 2011), «Endogamia 0.2» (Xerais, 2013), «Singamia 1.1» (Xerais, 2019), «Dedre» (Xerais, 2004) ou «Liquidación de existencias» (Xerais 2016). O volume antolóxico «As máscaras de Cronos» (Xerais, 2006), «A chuvia humana» (2011), e «Criptografías» (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: «Perigo vexetal» (Premio Merlín 1995), «Ameaza na Antártida» (1997), «O futuro roubado» (1999), «A negrura do mar» (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e «O camiño da Estadea» (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil, publicou en Xerais «Andanzas de Xan Farrapeiro» (2009), «A pomba dona Paz» (2012), «Catro amigos pillabáns» (2012), «O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas» (2013), «As viaxes de Ruki» (2014), «Sara ten un segredo» (2018) e «As músicas viaxeiras» (2021).
Descubre más sobre Ramón Caride Ogando
Recibe novedades de Ramón Caride Ogando directamente en tu email

Opiniones sobre SAROU (PREMIO CAFE DUBLIN DE NARRATIVA BREVE 1997)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana