Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é licenciado en Historia da Arte e profesor de Lingua e Literatura Galegas. É coautor do volume "Literatura galega, século XX" (2001) e das edicións de "Fírgoas" de Manuel Luís Acuña (Xerais, 1992) e de "Obra dramática" de Ramón Cabanillas (Xerais, 1996) e Samos (Xerais, 2010); tamén deu ao prelo estudos dedicados a escritores como Rafael Dieste ou Eduardo Blanco Amor. Libros da súa autoría son: "De catro a catro de Manuel Antonio" (1991), "Cincuenta anos de poesía galega" (1994) e "A emoción da Terra. Poesía de Vicente Risco" (1994). En colaboración con Xosé Ramón Mariño Ferro publicou "Romanceiro en lingua galega" (Xerais, 2002) e "Bestiario en pedra. Animais fabulosos na arte medieval galega" (2001). Sobre Lorenzo Varela foi responsable da edición da súa "Poesía galega" (Xerais, 1990) e dos libros "Lorenzo Varela. Vida e obra" (Xerais, 2005) e "Lorenzo Varela. Biografía e antoloxía" (Xerais, colección Merlín, 2005).
Recibe novedades de CARLOS L. BERNARDEZ directamente en tu email
Maruja Mallo. A pintura da nova muller pretende un achegamento á obra pictórica de Ana María Gómez González (Maruja Mallo, Viveiro, 1902-Madrid, 1995). Unha personalidade de intensa vida —vivida e mi
O romance, como xénero literario, ten de ser englobado dentro da literatura oral tradicional, documentándose a súa presencia desde o final da Idade Media en todos os territorios ocupados polas linguas romanicas hispanicas.Coa presente coleccion de romances en lingua galega os autores queren demostrar -en contra dunha opinion bastante estendida- que Galicia cantou e recitou historias en verso, sobre todo de caracter novelesco. Moitos coinciden cos romances castelans; bastantes son comuns a area galego-portuguesa; e tamen existen alguns propios, que non son os de menor beleza. Desde que, en 1863, Lopez de la Vega editou os primeiros romances galegos, foron moitos os folcloristas, etnografos e estudiosos da literatura popular que se dedicaron a recollelos. Cabe citar a Manuel Valladares, os irmans de la Iglesia, Murguia, Saco y Arce, Casto Sampedro, Said Armesto, Hervella Courel, Vicente Risco, Dorothe Schubart e Anton Santamarina. Faltou un gran estudioso, como foi Menendez Pidal para o romanceiro castelan ou Teofilo Braga para o portugues, pero o volume de material reunido e notable. Probablemente a maior desgracia foi que as mellores coleccions de romances -as de Casto Sampedro e Victor Said Armesto- quedaran ineditas ata hai pouco. Ainda esta sen publicar a obra de Hervella Courel. As coleccions de Murguia e os irmans de la Iglesia foron incluidas no Romanceiro popular galego de tradizon oral de Lois Carre Alvarellos. Os romances en lingua galega, pola sua calidade, son parte fundamental da nosa literatura e posiblemente no futuro aparezan nas historias da literatura galega, como aparecen nas da literatura castela, catalana ou portuguesa.
Lorenzo Varela. Vida e obra ofrece un percorrido claro, gráfico e didáctico en torno á vida e á obra da figura homenaxeada nas Letras Galegas 2005. Estudiando unha a unha as etapas da súa vida (Infancia e mocidade, 1916-1936; A guerra, 1936-1939; O exilio en Mexico, 1939-1941; e O exilio arxentino, 1941-1976), e dedicando un capitulo especial a poesia galega de Lorenzo Varela, o profesor Carlos L. Bernardez (o primeiro estudoso da sua obra literaria galega e un dos investigadores mais destacados do seu labor como critico de arte ) aborda todas as cuestions fundamentais da vida e obra do poeta galego.
O presente volume, dirixido aos escolares do segundo e terceiro ciclo da Educación Primaria, presenta unha breve biografía sobre a figura de Lorenzo Varela e unha antoloxía representativa da súa poesia galega, preparada polo profesor Carlos L. Bernardez. A relevancia do apartado fotografico, asi como a beleza das ilustracions sobre os dez poemas escolmados, realizadas polo pintor Fino Lorenzo, asi como as notas e orientacions para a sua lectura, permiten un achegamento didactico e atractivo a vida e a poesia galega do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2005.