Sinopsis de MARUJA MALLO. A PINTURA DA NOVA MULLER
Maruja Mallo. A pintura da nova muller pretende un achegamento á obra pictórica de Ana María Gómez González (Maruja Mallo, Viveiro, 1902-Madrid, 1995). Unha personalidade de intensa vida —vivida e mitificada— que alimentou unha construción icónica desenvolvida ao longo da súa existencia, a xeito de autorrealización.
O libro oriéntase na dirección de evitar o anecdótico para salientar os aspectos estritamente artísticos situados, no entanto, no contexto xeral cultural e histórico, sen esquecer, evidentemente, o biográfico.
Preténdese subliñar os valores artísticos da pintora, na convición de que paga a pena ficar co mellor da artista, non co mito, con ser este ben atractivo, senón coa pintura, que ten un posto na Historia da Arte con maiúsculas, non como unha artista menor máis, senón como unha auténtica creadora que reclama o seu lugar no discurso da historia da pintura do século xx, sen que iso implique esquecermos a muller que procurou e conseguiu rachar barreiras na vida e na arte e que conseguiu plasmar coa súa obra a imaxe da nova muller que, como as súa bañista de finais dos vinte, camiña con paso firme e con vontade de inequívoca afirmación de liberdade.
Ficha técnica
Editorial: Nigratrea
ISBN: 9788495364982
Idioma: Castellano
Número de páginas: 96
Fecha de lanzamiento: 15/06/2010
Año de edición: 2010
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por CARLOS L. BERNARDEZ
Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é licenciado en Historia da Arte e profesor de Lingua e Literatura Galegas. É coautor do volume "Literatura galega, século XX" (2001) e das edicións de "Fírgoas" de Manuel Luís Acuña (Xerais, 1992) e de "Obra dramática" de Ramón Cabanillas (Xerais, 1996) e Samos (Xerais, 2010); tamén deu ao prelo estudos dedicados a escritores como Rafael Dieste ou Eduardo Blanco Amor. Libros da súa autoría son: "De catro a catro de Manuel Antonio" (1991), "Cincuenta anos de poesía galega" (1994) e "A emoción da Terra. Poesía de Vicente Risco" (1994). En colaboración con Xosé Ramón Mariño Ferro publicou "Romanceiro en lingua galega" (Xerais, 2002) e "Bestiario en pedra. Animais fabulosos na arte medieval galega" (2001). Sobre Lorenzo Varela foi responsable da edición da súa "Poesía galega" (Xerais, 1990) e dos libros "Lorenzo Varela. Vida e obra" (Xerais, 2005) e "Lorenzo Varela. Biografía e antoloxía" (Xerais, colección Merlín, 2005).