Este libro, Narrativa galega: Tempo do rexurdimento é o froito dun delongado e teimudo traballo que comezou coa peregrinaxe por tódalas hemerotecas nas que se poden atopar fondos do noso pasado cultural, de Galicia a Madrid, de España a America, de Bos Aires a Nova York. O autor, Modesto Hermida, doutor en Filoloxia Romanica e profesor titular da Universidade de Santiago en excedencia, pretendeu poñer no coñecemento de todos a existencia dunha boa cantidade de textos en prosa narrativa galega, producidos e publicados nesa longa etapa historica que podemos calificar como Tempo de Rexurdimento. Para o profesor Hermida, a realidade da narrativa galega do Tempo do Rexurdimento non e tan escasa como ata o momento se viña considerando; resultando moito mais plural, en canto a subxeneros, motivacions, temas, correntes e estilos, do que tradicionalmente se ten considerado. O autor establece como eixos cronoloxicos do seu estudio o periodo que abarca desde 1880 a 1916, sinalando que a maior parte da informacion proporcionada baseouse na persoal investigacion hemerografica do autor sobre diversas revistas e xornais escritas integramente en galego ou naqueloutras que, malia seren bilingues, contan cun marcado signo galeguista. Para Modesto Hermida resulta bastante evidente que os narradores galegos deste periodo se dirixiron, de maneira mais preferente, os rexistros realistas e costumistas, anque non escasearon os textos de romanticismo retardado, ou os experimentos fantasticos desde a desviacion do modelo real-costumista, como acontece coa novela de Otero Pimentel titulada Campaña de Caprecorneca, ou esa presencia da novela historica, de breve formato, que o autor exemplifica nos traballos de Manuel Lois Vazquez titulados Alira de Elfe e A reina loba. En definitiva, coa publicacion deste libro, que obtivo o Premio Critica Galicia de Investigacion no ano 1996, facilitase un mais amplo coñecemento da historia da literatura galega e ponse en evidencia a existencia dunha narrativa, pouco coñecida cando non descoñecida, que pode ser considerada como primeira manifestacion do xenero en lingua galega.
Ver más