Son moitos os nenos e as nenas que soñan con ser magos e protagonistas de historias fantásticas. Se ti es un deles, con este libro poderás facer realidade os teus soños e vivir unha aventura alucinante nun pazo maxico oculto nun bosque secreto, onde te converteras nun autentico aprendiz de mago. Acompañarante nesta aventura un raposo moi simpatico e o ilusionista Pedro Volta, que che presentaran alguns dos magos mais lendarios, como o escapista Harry Houdini, O Gran Carter, Doug Henning ou Robert-Houdin, que compartiran contigo segredos incribles e, ademais, ensinaranche en persoa os seus mellores trucos. Tamen descubriras as orixes do cine grazas ao entrañable mago Georges Melies, co que aprenderas a realizar coas tuas mans misteriosas sombras chinesas. Cando volvas ao mundo real converteraste nun autentico mago e poderas sorprender os teus familiares e amigos.