Nesta edición coidada en capa dura o público lector pode achegarse á primeira versión galega das prosas xornalísticas que Roberto Blanco Torres -o persoeiro homenaxeado no Día de Letras Galegas de 1999- publicou en lingua española no ano 1930. Disto e do outro fainos participes do ideario galeguista e republicano de Blanco Torres e da intelixencia e claridade sen medias tintas do seu autor. Vemos nestes textos a un xornalista culto e comprometido cos problemas e a realidade do pais, que soubo expresar as suas inquedanzas cunha precision e graza que xa na sua epoca obtiveron o recoñecemento merecido. Coa publicacion deste libro damos un paso mais cara a recuperacion do noso pasado compartido, a traves da obra dunha persoa singular e exemplar.
Unha colección destinada a acoller traballos xornalísticos, reportaxes, entrevistas e mesmo edicións de grandes publicacións que marcaron momentos fundamen
Esta antoloxía esencial, preparada e traducida por Xesús Carballo Soliño, reúne as mellores prosas xornalísticas publicadas por Roberto Blanco Torres. No libro Disto e do outro, saído do prelo no ano 1930 en lingua castela e presentado agora por primeira vez en galego, Blanco Torres deixou un intelixente e combativo testemuño do seu ideario galeguista e republicano. Vemos nestes textos a un xornalista culto e comprometido cos problemas e a realidade do pais, que soubo expresar as suas inquedanzas cunha claridade e graza que xa na sua epoca obtiveron o recoñecemento merecido.