Esta comedieta farsesca dirixida ao público infantil, como a define o seu autor, transcorre en Venecia (Italia) nunha fría noite do século XVIII. Valentino Rufini, de regreso á súa casa en Milán, é abandonado polo seu criado, que marcha con todos os seus cartos. So e cargando co seu baul de viaxe, decide pasar a noite nunha casa en ruinas no camiño por onde pasara a carruaxe que vai cara a Milan. No mesmo lugar aparece coa identica intencion Akil Pillaban, a quen a sua ama deixara composto, sen cartos e cun baul cheo de traxes de señora ostentosa vida a menos. Ambos se coñeceran e compartiran a noite, e, con ela, desexos, sospeitas e medos mutuos, mentres agardan a que chegue o dia e continuar as suas viaxes, pero... Cartel Valentino Rufini Valentino Rufini e Akil Pillaban, de viaxe a Milan (e van sen un can) foi estreada pola compañia galega Talia Teatro no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 4 de decembro de 2008, permanecendo en xira na actualidade. Na sua montaxe interveu o seguinte equipo artistico e tecnico. Reparto Valentino Rufini. Diego Rey. Akil Pillaban. Dani Trillo Ficha artistica. Deseño de escenografia, vestiario e iluminacion. Roberto Salgueiro. Realizacion escenografia e atrezzo. Rodrigo Roel. Realizacion vestiario. Clotilde Vaello. Efectos sonoros. Toni Salgado. Asistente de direccion. Marta Rios. Direccion. Roberto Salgueiro.
Nesta traxedia contemporánea, como a define o autor, participan cinco personaxes alegóricos e nela faise unha crítica á sociedade do século pasado válida tamén para o actual, tal como van as cousas- partindo da intolerancia e represión provocadas por unha guerra por unha ditadura- que levan mesmo aos fusilamentos, como é o caso do pai asasinado que lle pide a súa filla, a través de cartas, que nunca esqueza o pasado por moito que este se intente borrar, ocultar e "adornar". En definitiva, é unha homenaxe á memoria, ao "coñecer, para non volver sufrir o esquecido". Foi estreada pola Aula de Teatro da Universidade de Compostela o día 4 de decembro de 2002 no Teatro Principal da cidade compostelá.
En Perder, Roberto Salgueiro fai unha escolla de textos escritos entre 2016 e 2021, período que se corresponde a unha nova etapa da súa dramaturxia, máis fragmentaria, formalmente arriscada e creada