Un dos tópicos máis arraigados recoñece Galiza como unha paisaxe: un país verde, de dondas montañas e mil ríos, onde a poboación vive da casa labrega ou do oficio mariñeiro, apegada ao territorio e ao seu. Hai varias decadas que ese modelo deixou de existir para ser aceleradamente substituido polo unico vixente coa globalizacion neoliberal. O natural e politico, o novo ensaio de Teresa Moure, non e un texto especializado. Un determinado modelo de desenvolvemento economico e os problemas globais do planeta (quecemento, cambio climatico, contaminacion) desatan unhas paxinas en que alterna o ensaio literario coas narracions, para provocar unha revolta contra o medioambientalismo eslamiado e o consumismo masivo. Velaqui un berro doente a prol da liberacion animal, da desobediencia civil que practica segas de cultivos transxenicos, da toma de conciencia; de estarmos, en fin, a vivir un momento crucial na historia da humanidade. A pesar de a literatura ecoloxica ter sona de pesimista, o texto participa do entusiasmo liberador, do compromiso e a militancia, e propon o ecoloxismo como unha estratexia de liberacion nacional, un modelo de existencia atento non so aos intereses economicos, senon tamen a conservacion da vida, que poña os coñecementos tecnicos e cientificos ao servizo dos ecosistemas e desenvolva tecnicas menos agresivas na liña dun movemento que xa se coñece como ecoloxia profunda.Un dos tópicos máis arraigados recoñece Galiza como unha paisaxe: un país verde, de dondas montañas e mil ríos, onde a poboación vive da casa labrega ou do oficio mariñeiro, apegada ao territorio e ao seu. Hai varias decadas que ese modelo deixou de existir para ser aceleradamente substituido polo unico vixente coa globalizacion neoliberal. O natural e politico, o novo ensaio de Teresa Moure, non e un texto especializado. Un determinado modelo de desenvolvemento economico e os problemas globais do planeta (quecemento, cambio climatico, contaminacion) desatan unhas paxinas en que alterna o ensaio literario coas narracions, para provocar unha revolta contra o medioambientalismo eslamiado e o consumismo masivo. Velaqui un berro doente a prol da liberacion animal, da desobediencia civil que practica segas de cultivos transxenicos, da toma de conciencia; de estarmos, en fin, a vivir un momento crucial na historia da humanidade. A pesar de a literatura ecoloxica ter sona de pesimista, o texto participa do entusiasmo liberador, do compromiso e a militancia, e propon o ecoloxismo como unha estratexia de liberacion nacional, un modelo de existencia atento non so aos intereses economicos, senon tamen a conservacion da vida, que poña os coñecementos tecnicos e cientificos ao servizo dos ecosistemas e desenvolva tecnicas menos agresivas na liña dun movemento que xa se coñece como ecoloxia profunda.
Ver más