Hoxe un silencio xelado envólveme.Só de cando en cando un paxaro atrévese a penetrar neste círculo calado.Eu, o meu respirar, as miñas mans, somo-lo único presente. Mais alá hai un mundo.No fondo dunha cova nace unha voz que fala de Veigal, dos Noitebros, das Xanas, do Lambiron, dos Etos, da Pita, da fermosa Leusibora e doutros moradores da Cidade Branca, onde a Serpe soña os contos que andan na boca das xentes. Ai esta tamen Lango, que ousou escoitar e soubo dos segredos da Cidade.
Premio Blanco Amor de Novela 1996. Exercicio literario baseado na evocación lírica do mundo da infancia nunha vila balnearia da posguerra galega. A novela destaca pola súa tonalidade sentimental, a sua riqueza descritiva e un traballado estilo literario capaz de transmitir a intensa emocion da vida recuperada a traves da memoria.