Begoña, Estefanía, Merchi e Xulio forman un equipo sen igual! Reunidos ao redor dunha gran cociña, foi como xurdiu este libro que vos ofrecemos, cociñando e probando, algo espeluxados, como auténticos exploradores da gastronomia na procura do sabor definitivo. Este e o resultado dun amoroso cociñado en grupo, un belisco da nosa pequena gran vida sendo parte do programa da TVG A voltas co prato.
Xavier Castro Pérez, estudoso da historia cultural da alimentación e a culinaria galega, ofrécenos en Ben mantidos un percorrido polos maiores e máis ilustres protagonistas da nosa gastronomía: o cocido, o caldo, as empanadas, o polbo, as vieiras? Unha novidosa interpretacion da nosa historia, unha ?nova cronica de nos?, fornecida de alento e optimismo e cunha ollada que permita que as novas xeracions se identifiquen cunha sociedade vizosa que pasou penurias xa superadas, o que leva ao autor a soster que, coa dieta atlantica, os galegos estivemos, e seguimos a estar, ben mantidos. E moi satisfeitos cos nosos xantares.