Ás veces o evidente semella ser o que ofrece máis dúbidas, ou o que se ve como un camiño incerto ou mesmo rexeitable. Iso é o que acontece, dende o meu punto de vista, cos plantexamentos ou coas propostas de relacion entre Galicia e os paises de fala portuguesa, nomeadamente o Brasil. E certo que a forza centripeta que ten exercido Bruxelas a traves dos diferentes instrumentos politicos e xuridicos, e especialmente economicos (a traves do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER), obrigou a dirixir a ollada cara a Union, e crear vias rapidas, alonxadas da pausa e paciencias do camiño de peregrinacion medieval, dirixidas con urxencia a converxer. Nese proceso houbo extraordinarios avances, inimaxinables mesmo para os mais euroescepticos; pero tanta premura conlevou asumir custes moi elevados, ou poderiase dicir, moi profundos; tanto, que chegaron ata os lameiros transitados polos ultimos carros, ata as redes, os barcos, o leite, as vacas, as vides, ata a alma. Esa vis attractiva pola europeizacion, retroalimentada institucionalmente, foi crecendo e ampliando o seu espectro, abrindo o paso a unha globalizacion galopante, indiscutida, e aceptada acriticamente polo status quo. A traducion deste proceso no sistema educativo sintetizase na palabra internacionalizacion, que se asentou no vocabulario dos tecnocratas, fixandose como obxectivo principal e irrenunciable de calquera politica educativa. Mais ese termo serviu, en non poucas ocasions, para teledirixir politicas linguisticas, culturais e tamen economicas, cara ambitos naturalmente forzados e, polo tanto, que nos levaban a facer xestos forzosos, a dar pinchagatos no campo unha e outra vez. Ao tempo que a lingua galega esta a retroceder no uso, minorizandose o seu emprego en todos os niveis do ensino, queresenos converter en angloparlantes, aspirando a que o ingles sexa a lingua vehicular. Poñendo, pois, a mirada naqueles mercados. Ese proceso, en si mesmo, non ofreceria problema ningun, se no fose porque, como se apuntaba mais arriba, ten un custe de oportunidade, pois os recursos son limitados. O custe de oportunidade e un virar as costas ao eixo lusofono, e moi particularmente ao Brasil. Tense dito en moitas ocasions que Galicia e un pais periferico, pero iso supon unha ollada simplista, reducionista, e ata miope. Claro, todo depende dos lentes con que se mire. Galicia e centralidade para quen saiba equilibrar a sua ollada, mobilizar o seu pescozo, e empregar en toda a sua extension as facultades de amplitude de xiro que ofrece a articular humana. Sen deixar de mirar a Europa, eu diria que afondando nese ollar, e preciso nun xiro de 180 graos, mantendo o eixo no mesmo punto de apoio, en territorio galego, mirar con certa altura de miras a todo un continente cheo de posibilidades como e o Brasil, e cada unha das suas decenas de capitais. Unenos unha lingua (e todo o que iso conleva), un oceano, o Atlantico, unha relacion privilexiada con Portugal, e moitos intereses comuns dos que ambos polos podemos sacar proveito. Pero en todo caso, unenos algo natural. O Congreso Euroamericano de Dereito e Politica materializa o evidente, velai a sua grande virtude, e por tanto, a dos seus creadores e organizadores. Xoga unha sorte de achega de bois entre Europa, a traves do Campus de Ourense da Universidade de Vigo (UVigo), e o Brasil, mais en concreto, Niteroi, a traves da Universidade Federal Fluminense (UFF), constituindose nun foro onde o debate flue con naturalidade entre investigadores e investigadoras de aqui e de acola, sobre temas relativos a actualidade e historia politica, institucions xuridicas, conflitos sociais, problemas medioambientais, sobre desenvolvemento e sustentabilidade, sobre os dezasete obxectivos da UNESCO e as realidades de paises dive...
Ver más